Con motivo da chegada a Ourense da exposición Vive los ríos del Norte incluida na campaña do Ministerio de Medio Ambiente, Un compromiso coa auga, a Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza un ciclo de representacións teatrais en colexios da cidade para concienciar ós nenos da importancia de aforrar auga. A concelleira de Educación, Ana Garrido, asiste o mércores, día 20 de febreiro á representación que terá lugar ás 10:00 horas no CEIP Prácticas para alumnos de 5º e 6º curso de Primaria.
O espectáculo, cun formato interactivo espontáneo, fresco e arriscado, propio das representacións a pé da rúa, tratará de transmitir ó público dun xeito ameno e sinxelo unha serie de actitudes e comportamentos respecto á importancia do aforro de auga. Mediante narracións curtas e sketches, a representación chama a atención sobre a responsabilidade de todos á hora de xestionar o consumo da augua dispoñible. Cada alumno recibirá un agasallo (un imán co lema e o boneco da exposición)
Serán un total de 7 representacións teatrais, de media hora de duración, nas que participarán uns 430 alumnos/as de Educación Primaria.
A Concellería de Educación colabora tamén con esta exposición facendo difusión da mesma ás asociacións de nais e pais dos centros escolares da cidade para realizar visitas guiadas en horario extraescolar.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.