Notas de prensa

Implicadas/os no desenvolvemento presenta o programa de actividades

Propón diversas actividades entre febreiro e marzo en distintas cidades galegas que acollerán un clube de lectura e a presentación do Programa Formativo Vanakkam 2008.

Implicadas/os no desenvolvemento presenta as súas actividades para os meses de febreiro e marzo, en distintas cidades galegas:

Febreiro 2008

O 21 de febreiro de 2008: 2ª sesión do club de lectura en Vigo, ás 20.30 horas na sede de Implicadas No Desenvolvemento en Vigo (Avda. Camelias, 49 Escaleira – 36211 Vigo).
A obra a tratar será O son das buguinas, editado por Implicadas no desenvolvemento, no que a través dos relatos de Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz, An Alfaya, Marilar Aleixandre, Dolores Ruíz, Fran Alonso e María Reimóndez, e do traballo gráfico de Xulia Barros e Paco Vila se rememoran as causas e consecuencias da tsunami de decembro de 2006.
Máis información: http://implicadas.blogspot.com/2007/11/os-clubs-de-lectura-solidaria-chegan.html

Marzo 2008

Presentación do Programa Formativo Vanakkam 2008 (2ª Edición) nas cidades de Lugo, Santiago, Vigo, Ferrol e A Coruña.
Vigo: 11 de marzo; A Coruña: 12 de marzo; Ferrol: 13 de marzo; Lugo: 26 de marzo.
A ONGD galega Implicadas/os no desenvolvemento organiza por segundo ano consecutivo o Vanakkan, un programa formativo sobre a cooperación ao desenvolvemento que realiza Implicadas en Galicia coa posibilidade de viaxar ao proxecto de desenvolvemento urbano de Tiruchy que IND apoia. Vanakkam (palabra tamil que significa
benvida) pretende dar a coñecer de forma directa o traballo xeral de Implicadas e en concreto os resultados do noso proxecto en Tiruchy.
O Vanakkam é un programa que consta de dúas partes: un curso de formación sobre cooperación e o proxecto, que se levará a cabo aquí en Galicia, e dúas semanas no terreo, coñecendo o traballo no proxecto de Tiruchy. O ciclo formativo tratará contidos xerais como a cooperación internacional, o enfoque de xénero, o microcrédito e contidos máis específicos como as bases e traballo de Implicadas e o proxecto específico de Desenvolvemento Urbano en Tiruchy.
Ademais do ciclo formativo en Galicia existe a posibilidade de que 10 persoas que o completen visiten o
proxecto Desenvolvemento Urbano en Tiruchy e completen a súa formación sobre o terreo.

Gabinete de Comunicación de Implicadas, 2008-02-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES