O Consello da Xunta declara, a instancias da Consellaría de Innovación e Industria, a celebración da Festa da Filloa, que ten lugar na parroquia de Lestedo, en Boqueixón, como festa de interese turístico de Galiza. A festa, que vai xa pola súa vixésimo cuarta edición, celébrase todos os anos o domingo seguinte do martes de Entroido.
Para faiar favorablemente a esta declaración como festa de interese turística, a Comisión de Valoración de Festa de Galicia de Interese Turístico, presidida pola Dirección xeral de Turismo da Consellaría de Innovación e Industria, valorou características tales como a antigüidade e arraigo da festa, coa súa celebración nos últimos 24 anos cunhas cotas de participación que chegaron a superar os 15.000 participantes; a súa singularidade, posto que esta degustación gastronómica é unha das primeiras celebradas en Galiza, centrada nun produto exclusivamente galego. A peculiaridade da mesma está marcada polo seu labor de promoción e conservación da cultura, mediante a incorporación á mesma dos altos e atranques dos Xenerais e Correos do Entroido do Ulla, a promoción do folclore galego e unha selección de xogos tradicionais, así como a promoción da creatividade a través do xa tradicional concurso de carteis e da máquina filloeira, única na comunidade.
Outro elemento que se tivo en conta é o seu valor cultural por tratarse dunha festa que, ademais de exaltar este produto tan típico, foise convertendo co paso do tempo nun instrumento para a conservación e a posta en valor de diversas tradicións culturais da comarca do Ulla e de Galiza.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.