Notas de prensa

Educación pon en marcha a creación dunha ferramenta multimedia para a aprendizaxe do chinés

O director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais reuniuse cos socios que participan nesta iniciativa, promovida pola Administración educativa e enmarcada no Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea.

O director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Antonio Vázquez, mantivo un encontro cos socios que participan no proxecto Chinesecom, un curso multimedia e interactivo de chinés, que terá por obxectivo achegar a traballadores e estudantes a lingua chinesa de cara a mellorar a competitividade das empresas. Este proxecto foi aprobado pola Unión Europea dentro do programa para a promoción da aprendizaxe de idiomas do Programa de Aprendizaxe Permanente 2007-2013. Así, Europa contribuirá cun investimento de 443.949 euros ao desenvolvemento desta iniciativa, mentres que a Administración educativa achegará 147.984 euros.

O proxecto, promovido pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, conta coa colaboración de socios procedentes de distintos países. Así, participan en Chinesecom a empresa ATIN (Asesoramiento, Tecnología e Investigación) S.L, de Ponteareas, e as Universidades de Málaga, de Wolverhampton (Reino Unido), de Anveres-Linguapolis (Bélxica) e de Youdian (China). Tamén o Grupo Compostela de Universidades, a Fundación Italia-China e EUROROC (Federación Europea da Pedra Natural, de Wiesbaden, Alemaña). O encontro convocado hoxe serviu para coordinar o desenvolvemento do proxecto, que ten un período de execución de 24 meses.

A iniciativa promovida pola Administración educativa ten por fin desenvolver un curso multimedia e interactivo de idioma chinés, investigar sobre os cursos e materiais dispoñibles para a aprendizaxe desta lingua, e realizar un estudo das necesidades máis importantes con respecto a este idioma por parte das empresas que manteñen relacións con China. Todos os produtos do proxecto recolleranse nun portal. Este proxecto constituirá unha importante ferramenta multimedia para que as empresas que xa veñen mantendo relacións comerciais con empresas chinesas, ou pensen mantelas no futuro, así como o estudantado de Formación Profesional ou os universitarios poidan realizar un primeiro achegamento a esta lingua. A poboación de China representa aproximadamente un 20% da poboación do mundo e nos últimos anos tense convertido nun mercado estratéxico.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 2008-01-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES