Notas de prensa

Xacobeo e Turgalicia promocionan a gastronomía galega e o Camiño nos Países Bálticos

Trátase dunha acción promocional a través dunha exposición itinerante sobre a peregrinación a Compostela que se pode visitar en Vilnius, Rica e Tallin.

Unha delegación da Consellaría de Innovación e Industria –encabezada polo director xeral de Turismo, Rubén Lois, e polo xerente de Turgalicia, Xesús Pereira– visita os Países Bálticos promocionando a gastronomía de Galiza e máis un dos seus productos turísticos máis relevantes: O Camiño de Santiago. As cidades de Riga, Vilnius e Tallin acollen nestas xornadas varios encontros gastronómicos organizados e materializados polo Centro Superior de Hostalería de Galicia adscrito a Turgalicia. Nas tres cidades que a delegación visita estes días, servirase un menú similar baseado en produtos típicos do noso país. Xunto coa degustación gastronómica que se ofrece ás persoalidades presentes do mundo cultural, turístico e institucional das respectivas cidades, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo organiza no mesmo lugar do acto unha exposición itinerante para dar a coñecer o Camiño de Santiago nuns países nos que está a espertar grande expectación.

A mostra está composta por sete paneis con fotografías e textos sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno da peregrinación. Trátase de sete paneis que queren facer un xogo simbólico cos sete días que tardou o corpo do Apóstolo Santiago en chegar na barca de pedra dende Jaffa a Iria Flavia.

Ademais de asistir aos respectivos actos nas cidades, a delegación galega está a manter contactos e reunións con representantes das embaixada española en Lituania e co seu recentemente nomeado embaixador, José Luís Solano. Con este último, establecéronse os contactos necesarios para iniciar futuras accións de colaboración de cara ao vindeiro Ano Santo. Tamén se estableceron relacións con representantes da Oficina Española de Turismo de Copenhague. En todos os actos promocionais estiveron tamén presentes touroperadores do país.

A exposición e máis a degustación trasládanse mañá a Tallin, en Estonia, país no que terá lugar o último dos actos promocionais previstos.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2008-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES