Notas de prensa

O XXXIV Curso de Saúde Ambiental convirte a Ordes no punto de referencia de Galicia

Este curso, que se celebra do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro, sirve para concienciar dos problemas ambientais e elaborar conductas responsables para preservar o entorno e protexer a saúde das persoas.

A Casa da Cultura de Ordes acolle o XXXIV Curso de Saúde Ambiental, que se celebrará do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro do 2008, e que converterá a Ordes no punto de encontro de ambientalistas de toda Galicia. De feito, o alcalde de Ordes, Manuel Regos, asegura que esta iniciativa permitirá “adquirir a conciencia dos problemas ambientais existentes no noso entorno para poder actuar mediante labores preventivos que conledfven unha reducción na xeración de residuos e o seu axeitado tratamento, así como a búsqueda de alternativas ao consumo dos recursos esgotables”.

Manuel Regos realizou estas afirmacións durante a presentación deste XXXIV Curso de Saúde Ambiental, celebrada esta mañán en Ordes e que contou coa asistencia do presidente da FEGAMP, Carlos Fernández; do responsable do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2008 e director do curso, Francisco José Peña; do presidente de Sogama, José Ãlvarez Díaz; do concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ordes, Xesús Pedreira; e da responsable de programas e convenios de Caixa Galicia, Gema García Abril. Todos eles estiveron acompañados polos alcaldes de Oroso, Trazo, Frades e Mesía, por concelleiros de Tordoia e Cerceda e por membros de empresas e entidades colaboradoras.

Mellorar a calidade de vida dos veciños

Regos fixo un chamamento á participación de todos os sectores políticos, sociais e empresariais da comarca para que este XXXIV Curso de Saúde Ambiental constitúa “un punto de referencia ambiental e de encontro para que os concellos da comarca de Ordes poidan contribuir a mellorar a xestión e as condicións de vida dos seus cidadáns”. Neste sentido, aposta por que “as administracións, as empresas e os cidadáns tomemos conciencia da necesidade de adoptar conductas responsables que permitan preservar o noso entorno, protexendo a saúde das persoas e a conservación dos recursos”.

Pola súa banda, o presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, salientou a grande acollida que tivo en Galicia esta iniciativa da que o organismo é patrocinador oficial. Fernández destacou que o Programa Galego de Municipios Saudables “está a contribuir desde os concellos a sentar as bases para o desenvolvemento sostible do país”, unha iniciativa na que participan 189 concellos.

Recordou Fernández que o obxectivo fundamental é “mellorar a xestión nos aspectos ambientais da sáude dos concellos galegos e, con elo, as condicións de vida dos seus cidadáns, tendo sempre presente o peso específico que ten o medio ambiente como xerador de actividades capaces de producir emprego, renda, saúde e benestar na poboación”.

O presidente da FEGAMP valorou a importancia deste tipo de iniciativas para promover a formación e facilitar a reciclaxe dos técnicos de Medio Ambiente e Saúde dos Concellos, para propiciar a participación e elevar o nivel de compromiso de todos os axentes sociais coa sostenibilidade ambiental e a protección e a conservación do patrimonio natural, “o mellor legado para as xeracións vindeiras”.

Estructura do curso

O concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, Xesús Pedreira, asegurou que “é un orgullo poder facer este curso aquí, sobre todo cando na nosa provincia hai concellos que levan tempo pedíndoo e non o conseguiron. Sen embargo, este novo equipo de Goberno conseguíu facer realidade esta importante xestión en apenas seis meses”. Neste sentido, Pedreira agradeceu ao director do curso, Francisco Peña, que escollera Ordes para a realización desta importante iniciativa.

Finalmente, Francisco Peña explicou a estructura del curso, que estará composto por cinco mesas redondas, dúas conferencias (inaugural e de clausura) e diversas visitas prácticas á ETAP, EDAR e punto limpo de Ordes, ó embalse de Vilagudín, á Central Térmica de Meirama e ó complexo medioambiental de Sogama. “Participarán una treintena de expertos procedentes de las tres universidades gallegas y de la UPM, representantes de las Consellerías de Sanidade, Medio Ambiente e Industria, así como gestores de empresas relevantes de Galicia”, adelantó Peña.

Os temas que se tratarán nesas cinco mesas redondas son: “O camino cara a sostenibilidade da empresa (a xestión ambiental como xeradora de rendabilidade empresarial)”, “O modelo enerxético sostible ante o cambio climático”, “A calidade das augas en Galicia ante o reto ambiental da Directiva Marco de Augas”, “Novas perspectivas na xestión integral de residuos en Galicia” e “Posta en común sobre a problemática ambiental da comarca de Ordes: posibles solucións e estratexia conxunta a seguir por parte dos concellos que integran a comarca”.

Francisco Peña destacou o “gran entusiasmo e interese coa que o Concello de Ordes acolleu esta iniciativa de ámbito comarcal, á que se sumaron os concellos de Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo”. Este XXXIV Curso de Saúde Ambiental conta co mecenazgo da Obra Social Caixa Galicia e da EGAEL-FEGAMP, así como co respaldo e colaboración das Consellerías de Sanidade (Dirección Xeral de Saúde Pública) e de Medio Ambiente (Augas de Galicia); ademais da colaboración de entidades e empresas colaboradoras como AENOR, Internaco, Unión Fenosa, Limeisa, Bioetanol Galicia, Novotec, Sogama, Danigal, SOL, Applus+, Joyería Jael, Aquagest, Begano e SMA.

O curso terá trinta horas lectivas e contará con cincuenta prazas, que se cubrirán por rigurosa orde de inscrición. Está dirixido a técnicos das distintas administracións, profesores, estudiantes universitarios e profesionais que desenvolvan que desenvolvan a súa actividade en temas relacionados co medio ambiente. As inscricións formalizaranse na Secretaría Técnica do curso, que ten a súa sede no Concello de Ordes (Tel: 981 68 00 02 / Angélica). Na actualidade tramítase a acreditación académica das tres universidades galegas (recoñecido con 2 créditos de libre configuración polas universidades da Coruña e de Vigo, e cun crédito de libre configuración pola Universidade de Santiago).

Esta iniciativa forma parte do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2008, dirixido polo profesor Francisco Peña baixo o mecenazgo da Obra Social Caixa Galicia e a FEGAMP. Un programa que conta cos parabéns do coordenador do proxecto “Healthy Cities”, da Organización Mundial da Saúde, así como co respaldo do Instituto Nacional de Administración Pública, da Sociedade Española de Sanidade Ambiental, da Asociación Española de Ciencias Administrativas-Instituto Internacional de Ciencias Administrativas Sección Española e das tres Universidades galegas.

Periplo itinerante por Galicia 2000-2008

Estes cursos de saúde ambiental tiveron dende a súa posta en marcha, no ano 2000, unha gran acollida en Galicia. No seu periplo itinerante ao largo destes oito anos pola xeografía galega rexistrouse a participación de 2.883 ambientalistas, tendo participado e colaborado ata o momento 192 concellos (189 galegos, 2 leoneses e 1 asturiano) e máis de medio millar de institucións, asociacións, entidades, fundacións, colexios profesionais e empresas relevantes de Galicia e do Estado español.

Ata o momento, este curso xa se celebro nos municipios e comarcas de Padrón (Sar), Ponteareas (Condado), O Carballiño (O Carballiño), Carballo (Bergantiños), Vilagarcía de Arousa (O Salnés), Monforte de Lemos (Terra de Lemos), A Estrada (Tabeirós Terra de Montes), Caldas de Reis (Caldas de Reis), Noia (Noia e Muros), Pontevedra, Narón (Ferrolterra), Viveiro (A Mariña Lucense Occidental), Ribeira (Barbanza), Ourense, Lugo, Pontedeume (Eume), O Barco (Valdeorras), Vigo, Vilalba (Terra Chá), Silleda (Deza), Verín (Verín), Betanzos (Betanzos), Ribadeo (A Mariña Lucense Oriental), Ribadavia (O Ribeiro), Cangas (O Morrazo), Arteixo, Chantada (Ribeira Sacra), Allariz (Allariz-Maseda), Cambados (O Salnés), Lalín (Deza), Celanova (Terra de Celanova), Burela (Mariña Lucense) e Santiago de Compostela.




Carlos Suárez (Nós Comunicación), 2008-01-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Tivo lugar a V edición do Foro de Directores de Informática, que reuniu aos responsables de dixitalización das 17 Comunidades Autónomas, onde se debateu o papel das administracións públicas para garantir que a intelixencia artificial beneficie a toda a poboación, con independencia das condicións sociais ou económicas. Os responsables autonómicos compartiron experiencias e analizaron os retos para a aplicación de tecnoloxías como a ciberseguridade ou a intelixencia artificial. Houbo, así mesmo, unha sesión de traballo para analizar o futuro dos fondos europeos para avanzar na modernización tecnolóxica das rexións.
Foto de la tercera plana (concertos-do-xacobeo.jpg) Desde o Xacobeo 21-22, máis de 2,5 millóns de persoas participaron nas actividades impulsadas baixo esta marca, que se consolidou como un motor económico e social. Este ano, os Concertos do Xacobeo acollerán case 100 eventos en máis de 50 localidades de toda Galicia, reunindo a 700 artistas de primeira liña, tanto internacionais como nacionais e galegos. A programación combinará grandes nomes da escena musical global, como Kings of Leon, Lenny Kravitz ou Alanis Morisette, con recoñecidos artistas galegos como Tanxugueiras, Guadi Galego ou Xoel López. A diversidade da programación, tanto en estilos como en formatos, permitirá atraer a públicos variados e reforzar a imaxe de Galicia como destino cultural dinámico, onde tradición e modernidade conviven nos escenarios.

Notas

Xa pasaron catro anos desde aquel primeiro The Thinking Institute que converteu Vigo no epicentro mundial do coñecemento en nanonociencia. Como cada mes de xuño, este encontro científico internacional regresa ao campus para celebrar a súa cuarta edición, reincidindo no seu firme propósito de crear un espazo para o intercambio de ideas sen as barreiras habituais deste tipo de congresos, e aberto a todas aquelas persoas con inquedanzas científicas.
A Universidade da Coruña lanza UDC Conecta, unha iniciativa que nace co obxectivo de impulsar a conexión entre o coñecemento xerado na UDC e os sectores produtivos, promovendo o fortalecemento das cadeas de valor estratéxicas que garantan que os avances científicos se transformen en solucións. Coa posta en marcha de UDC Conecta, establécese unha alianza permanente coa empresa, que terá a través desta plataforma única, un sistema de acompañamento integral e dinámico.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES