A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, reuniuse co presidente de Solidariedade Internacional de Galicia, Alberto Cerviño, a directora desta ONG, María Paz Guitiérrez, e a responsable da organización en Lugo, Maribel Valiela, para estudar varias propostas de cooperación internacional a través do Centro de Artesanía e Deseño e da Granxa Gayoso-Castro, dependentes do organismo provincial. A Vicepresidenta Segunda destacou o importante labor social que desenvolve Solidaridade Interacional nos países menos desenvolvidos e amosou a boa disposición da Deputación para apoiar algún dos proxectos que están a realizar nestes momentos.
Solidariedade Internacional de Galicia, que instalou unha mesa de comercio xusto na entrada do Pazo de San Marcos, solicita a colaboración da Deputación de Lugo en dous proxectos que se están a desenvolver en Bolivia. Un deles está destinado a mulleres que sufren problemas de maltrato ou pobreza, e pretende a súa integración social e laboral a través de cursos de orfebrería. A nosa intención é que algunha destas mulleres reciba formación en novos deseños no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación para que, unha vez no seu país, aprendan ás súas compañeiras a elaboración de pezas de orfebrería axustándose ós gustos europeos. Agardamos que así sexa máis doada a venda aquí destes productos, sinalou o presidente da ONG, Alberto Cerviño.
Outro dos proxectos que lle presentaron hoxe á Vicepresidenta Segunda é o que están a realizar con agricultores das localidades bolivianas de Surata e Quime. Neste caso, a cooperación consistiría no asesoramento técnico por parte da Granxa Gayoso-Castro que, o igual que o CENTRAD, depende do INLUDES, departamento que dirixe Lara Méndez.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.