
As conselleiras de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e de Cultura e Deporte, Ãnxela Bugallo, e representantes das corporacións municipais de Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra, Ferrol, VilagarcÃa de Arousa, Carballo, Ribeira, Monforte de Lemos e Ribadeo; asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento nestes concellos do programa para a apertura de centros fóra do horario escolar. Este acordo permite que 151 centros públicos poidan realizar programas de apoio, habilidades persoais en comedores escolares, e actividades deportivas fóra do horario lectivo, co obxectivo de propiciar unha educación integral do alumnado, fomentando valores como a igualdade, a interculturalidade e a solidariedade. As ConsellerÃas destinan 687.000 euros para esta acción, que se desenvolve durante este curso 2007-2008. Deste total, 515.000 euros serán achegados pola Administración educativa, e 172.000 euros pola ConsellerÃa de Cultura.
Deste xeito, as conselleiras de Educación e de Cultura explicaron que o programa de actividades que se desenvolva en cada centro educativo procurará a igualdade de oportunidades e deberá proxectar a acción educativa dos centros ao seu contorno social e fomentar entre o alumnado hábitos saudables e menús equilibrados; favorecer a integración do alumnado, promovendo actividades de carácter lúdico-deportivo, e programas de habilidades persoais dos comedores escolares.
Asà mesmo, o programa deberá facer partÃcipes aos membros da comunidade educativa dun amplo abano de actividades individuais e colectivas, que supoñan retos estimulantes, ampliación do horizonte deportivo e uso do tempo de ocio. A tipoloxÃa das actividades será de carácter deportivo e de promoción da saúde, procurando hábitos saudables e menús equilibrados, asà coma o desenvolvemento das habilidades persoais e de convivencia entre os membros da comunidade educativa.
A ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria comprométese a subvencionar o 80% do custo do programa de habilidades persoais e apoio no comedor escolar nos centros participantes, mentres que a ConsellerÃa de Cultura e Deporte financiará o 80% do custo das actividades deportivas.
Pola súa banda, os concellos poderán facer uso das instalacións deportivas dos centros participantes no programa que non estean sendo utilizadas, desde as 18,00 ata as 23,00 horas de luns a venres, e tamén os sábados en horario de mañá e tarde, e os domingos en horario de mañá, para o desenvolvemento de competicións deportivas especÃficas, dando prioridade ao Programa de Deporte en Idade Escolar.
Ademais, os concellos porán a disposición da comunidade educativa os medios precisos para o desenvolvemento das distintas actividades. Para tal fin contarán, cando menos, cun coordinador xeral do programa para o conxunto dos centros participantes.
A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, salientou que este acordo de colaboración constitúe “un exemplo de colaboración entre as Administracións autonómicas e as locais”, e apuntou que o programa xurdiu de xeito experimental en 2006 en Lugo e Pontevedra. Segundo afirmou a máxima responsable do departamento educativo galego, “o éxito” acadado nestes concellos levou ás ConsellerÃas a estender este modelo a 10 novos municipios. Asà mesmo, Sánchez Piñón anunciou que en 2008 as ConsellerÃas de Educación e de Cultura emitirán unha orde de convocatoria pública conxunta aberta aos concellos galegos que se queiran acoller a este programa.
Ademais, a conselleira de Educación salientou que esta iniciativa é resultado do traballo impulsado polas dúas Administración autonómicas, co obxectivo de “rendibilizar os recursos existentes”, e “dar respostas ás necesidades da sociedade de conciliar a vida laboral e familiar”. Laura Sánchez Piñón subliñou ademais que o programa constitúe “un recoñecemento ao labor que as asociacións de pais e nais de alumnos veñen realizando no desenvolvemento de actividades extraescolares”.
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o dÃa 1, prolongándose ata o dÃa 7, continuando en Ponteareas, desde o dÃa 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 dÃa ata o 10; Viveiro, do dÃa 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do dÃa 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.