
Poderán propor candidaturas tanto persoas físicas como institucións, sempre que non os pidan para eles mesmos ou para os organismos aos que representan. A documentación das candiaturas deberá incluír os datos de quen propón a candidatura así como os do candidato acompañados por un breve currículo ou méritos que permitan coñecer a labor pola que sería merecedor deste galardón.
O prazo para presentar estas candidaturas na Fundación La Rosaleda de Santiago (c/Santiago León de Caracas) remata o 18 de decembro, ou o día 17 ás 23:59 h. para os que opten por envialo ao correo electrónico info@fundacionlarosaleda.org. O nome do premiado farase público o 21 de decembro a través dos medios de comunicación e das páxinas web da Fundación La Rosaleda e de Caixanova, e posteriormente farase a entrega de premios nunha ceremonia pública que terá lugar en Santiago.
O xurado deste Premio de Acción Social estará composto polo presidente da Xunta de Galicia ou persoa en quen delegue, así como polos presidentes de Caixanova, da Fundación La Rosaleda e do Consello de Administración do Grupo La Rosaleda, o director xeral de Caixanova, e outras tres persoas propostas por Caixanova e a Fundación La Rosaleda.
O premio, que non poderá quedar deserto, terá unha dotación económica de 6000 euros, ademais dun diploma e un obsequio acreditativos.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.