
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos repartiu na praia de Samil de Vigo 2.500 discos voadores entre os nenos. Os regalos promocionais entregáronse a primeira hora unha vez finalizadas as tarefas de limpeza do areal, que se adiantaron nesta ocasión gracias á colaboración do Concello de Vigo, para que os bañistas puideran recoller os discos nada máis chegar á praia.
O protagonista da iniciativa é un neno chamado Xan, un debuxo animado de estética manga que intentará captar a atención dos rapaces da casa para convencelos dos poderes que dá a inxesta de peixe e a capacidade de facer que medren fortes e sans. O rostro deste personaxe aparece impreso nos miles de discos de cores -amarelos, vermellos e azuis - que encheron a praia de Samil co obxectivo de facer do peixe un alimento atractivo entre os máis pequenos.
Esta campaña promocional, que xa comezou en prensa e televisión e nuns días en radio, non vai ser un feito aislado senón que pretende prolongarse no tempo e facer de Xan un personaxe popular entre os cativos para que se familiaricen con el e coa idea que promociona. É por isto que, nos próximos meses, Xan será o protagonista doutras iniciativas cunha ampla gama de actuacións entre as que se atopan a entrega aos máis pequenos de diverso material promocional como alfombriñas do rato do oredenador, fundas para as consolas de peto ou camisetas coa imaxe do simpático rapaz.
Esta actuación súmase a outra xa en marcha coa que o departamento que dirixe Carmen Gallego tamén quere fomentar o consumo de peixe entre os nenos e nenas de Galicia. Trátase de Uhmm...peixe, unha iniciativa conxunta de Pesca e as consellerías de Sanidade e Educación que se está a desenvolver ao longo deste ano en 55 centros de ensino da nosa Comunidade autónoma.
Mar de Cerca
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos tamén iniciou outra campaña de promoción destinada a divulgar os produtos do mar para fomentar o coñecemento dos mesmos entre os consumidores. Así, Mar de Cerca difunde información xeral sobre a especie protagonista, período de veda en caso de que exista, gráficas sobre as capturas e descargas, tamaño mínimo e valor nutritivo.
A acción, que comezou o pasado día cinco deste mes nos medios escritos de Galicia, tamén pretende concienciar aos cidadáns da importancia social e económica da actividade pesqueira e marisqueira. Esta campaña, que fará a súa segunda aparición mañá, seguirá animando á sociedade a conservar a riqueza do noso mar, xa que é responsabilidade de todos.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.