O helicóptero Pesca 2 do Servizo de Gardacostas da ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos participa, o domingo 19 de agosto, nun exercicio de adestramento de salvamento marÃtimo que se celebrará na localidade coruñesa de Laxe. A actuación, que se desenvolve pola tarde, consistirá no rescate de varios mariñeiros dunha embarcación que sufriu unha abordaxe, caendo catro deles ao mar. Ademais, o simulacro incluirá un home ferido no barco, que debe ser trasladado ao porto para ser evacuado ao hospital despois de recibir os primeiros auxilios.
No desenvolvemento do exercicio, o Pesca 2 iniciará a busca dun dos mariñeiros que non pode ser localizado debido ao mal estado do mar e, en canto o atope, sinalizará a zona do rescate cunha bengala para despois izalo coa axuda dun arnés. Tralo salvamento, o Sikorsky de Gardacostas volverá á zona do sinistro para proceder á evacuación do ferido, que permanece no barco e que será levado ao helicóptero en padiola.
Para rematar, o Pesca 2 dirixirase ao heliporto, onde se atoparán os sanitarios que procederán a practicar ao presunto accidentado unha reanimación cardiopulmonar (RCP) para, posteriormente, subilo á ambulancia que o trasladará a un centro sanitario.
Esta actuación forma parte dun programa de exercicios conxuntos que levan a cabo os medios do Servizo de Gardacostas de Galicia e os de Salvamento MarÃtimo (SASEMAR). Asà pois, ademais da ConsellerÃa de Pesca e de SASEMAR, participarán tamén nesta actividade de adestramento a Garda Civil do Mar e a Cruz Vermella de Laxe, Malpica e Vimianzo.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.