
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, propoñerá aos responsables dos medios de comunicación de Galicia a sinatura dunhas bases para normalizar o tratamento informativo da cuestión da inmigración. O obxectivo deste acordo, que quere impulsar a Xunta, é o de acadar unha información sobre inmigración que se axuste á realidade deste fenómeno e exclúa os tópicos. Así o anunciou Fernando Salgado, secretario xeral de Comunicación, no decurso da inauguración das xornadas (e) Inmigración Comunicación, organizadas polo seu departamento coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración, a Fundación Caixa Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela.
As xornadas inauguradas por Salgado teñen como obxecto reflexionar durante tres días sobre o tratamento que os medios de comunicación prestan á cuestión da inmigración. Tal e como salientou o secretario xeral de Comunicación, a percepción que os cidadáns posúen deste fenómeno nalgunha medida está motivada polo tratamento informativo que recibe. A este respecto, Fernando Salgado lamentou que a información sobre inmigración faga a miúdo fincapé sobre aspectos que remiten a contextos de conflitividade. Así, segundo destacou, o tratamento informativo da inmigración remite maioritariamente a unha dimensión problemática na que moitas veces se relaciona con delincuencia, mafias ou situación de irregularidade.
Esta situación leva a que se fale, cando hai que referirse a esta cuestión, ao problema da emigración, dixo Salgado, o que xa connota ao fenómeno inmigratorio cun sentido negativo.
Galicia, referente na orientación das políticas migratorias
O secretario xeral de Comunicación defendeu a necesidade de cambiar esta tendencia que se produce nos medios de comunicación posto que o pobo galego, que agora está a recibir inmigrantes, foi no pasado un pobo que tivo que deixar a súa terra en busca de novas oportunidades. Neste sentido, Fernando Salgado destacou que Galicia debe ser un referente na orientación das políticas migratorias.
Así, Salgado incidiu en que o fenómeno da inmigración debe ser visto como unha oportunidade e non como unha ameaza e xustificou para referendar esta afirmación termos económicos. Segundo sinalou Salgado, o fenómeno inmigratorio explica a metade do aumento do PIB en España desde 2001 e tamén a afluencia de inmigrantes garantirá a sustentabilidade do sistema de pensións, porque que unha grande parte dos novos cotizantes son estranxeiros.
Porén, tamén a afluencia de inmigrantes non significa só a posibilidade de crecemento económico senón tamén a posibilidade de enriquecemento sociocultural, dixo Salgado. É por este motivo, tal e como afirmou o secretario de Comunicación do Goberno galego, que se fai necesario sensibilizar a toda a sociedade galega sobre un fenómeno que está a cobrar cada vez máis importancia na Comunidade Autónoma.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.