No acto estiveron o director xeral para o Deporte, Santiago DomÃnguez; o presidente da Fundación, Valery Karpin; o director técnico doe quipo, Ãlvaro Pino, e algúns dos patrocinadores (Ignacio Louzao, por Galicia Calidade e Carlos DomÃnguez por Cardomar); ademais dos ciclistas Marcos Serrano, Ezequiel Mosquera, David Guerrero, Carlos Castaño, Juan Fco. Mourón, SerafÃn MartÃnez, Gonzalo Rabuñal e Santos González.
Santiago DomÃnguez destacou que “este equipo vai ser o emblema estandarte de Galiza, e agora confÃrmase que é un proxecto serio, por se alguén tiña algunha dúbida”. DomÃnguez adiantou que a Dirección Xeral para o Deporte vai sortear 20 invitacións para rapaces e rapazas de clubs de ciclismo de base para acompañar ao equipo galego a ese primeiro compromiso oficial en Mallorca “porque consideramos que o equipo debe estar arroupado por ese sector dos galegos e galegas que representa un dos seus obxectivos: tirar da base do ciclismo galego”.
Pola súa banda, Valery Karpin dixo que “pouco a pouco imos pechando todo. Xa temos o equipo, no que hai 12 galegos, co cal o obxectivo está cumprido con creces, e temos o maillot. O dÃa 20 de xaneiro faremos a presentación oficial do Karpin Galicia, co corpo técnico, médico, os coches, o autobús e o camión”. Karpin dixo tamén que xa está presentada toda a documentación na UCI co visto e prace dos auditores, e no 2007 o equipo botará a andar.
As seguintes citas confirmadas son a Vuelta a AndalucÃa, do 18 ao 22 de febreiro, e a Vuelta á Comunidad Valenciana, do 27 de febreiro ao 3 de marzo.
Concentración do Karpin Galicia
O Karpin Galicia celebra a súa primeira concentración de preparación entre os dÃas 9 e 20 de xaneiro. AÃnda queda por decidir a localidade na que o fará, aÃnda que o que si está seguro é que será nunha cidade ou vila da Costa da Morte. A elección atende a un dobre motivo: un asunto deportivo, xa que ten zonas para rodar en chan e tamén de montaña; e un motivo social (polo que esta zona sufriu este verán debido aos incendios, e agora ás riadas).
En relación a isto, Santiago DomÃnguez dixo que “o Karpin Galicia ten que ser un equipo solidario con Galiza. Un dos nosos patrocinadores é a Deputación de Coruña, polo que o equipo debe amosarse nunha zona emblemática e que agora está pasando un mal momento”.
Ademais o domingo 14 de xaneiro celebrarase unha marcha cicloturista co equipo profesional galego, con participación aberta a todos os cidadáns interesados en participar, e que ten como obxectivo fundamental achegar o mundo do ciclismo profesional á cidadanÃa.
A camiseta
Sobre o deseño da camiseta, tanto o director xeral para o Deporte coma Valery Karpin e o propio Ãlvaro, amosaron a súa satisfacción co deseño da camiseta, que foi realizada pola empresa Zicco, aÃnda que faltan por corrixir algunhas cousas. Ãlvaro Pino deixou ben claro que “o importante é ensinar o maillot na competición, non aquÃ. Espero que os 18 corredores dean a talla en cada unha das carreiras que afrontemos”.
Volta Ciclista a España
O mércores dÃa 13, a conselleira Ãnxela Bugallo, Santiago DomÃnguez e os representantes do Karpin Galicia, Valery Karpin e Ãlvaro Pino, acuden á presentción da Vuelta Ciclista a España 2007, que ten lugar en Madrid.
Santiago DomÃnguez destacou na rolda de prensa de hoxe que “a nutrida representación galega é unha guinda máis que vai referendar o protagonismo que Galiza vai ter nesta Vuelta, coas etapas Vigo-Vigo, Allariz-Santiago e Viveiro-Luarca.”
Con respecto á posibilidade de que o Karpin Galicia sexa convidado á Vuelta a España, o director xeral para o Deporte asegurou de que “non teño ningunha dúbida de que vai estar aÃ. Faremos presión con todas as nosas armas para que asà sexa”.
Corredores do Karpin Galicia:
O Karpin Galicia xa pechou o seu equipo cun total de 18 corredores dos cales 12 son galegos. O equipo estará dirixido por Ãlvaro Pino, xunto a Suso Blanco Villar.
1. Marcos Antonio Serrano RodrÃguez
2. Ezequiel Mosquera MÃguez
3. David GarcÃa Dapena
4. David Herrero Llorente
5. Carlos Castaño Panadero
6. Ramón Troncoso Sobrino
7. Gustavo DomÃnguez Lemos
8. Gustavo César Veloso
9. Juan Francisco Mourón Doldán
10. SerafÃn MartÃnez Acevedo
11. Gonzalo Rabuñal RÃos
12. David Abal Diego
13. Luis Fernández Oliveira
14. Gaizka Lasa Larraya
15. Santos González Capilla
16. Eladio Jiménez Sánchez
17. Enrique Salgueiro Alonso
18. Eduard Vorganov