O Presidente de Fademga Feaps Galicia, Julio Cortiñas López; o portavoz da Federación, Eladio Fernández Pérez; e o Xerente da mesma, Antonio Fuentetaja Cervelo; acudiron á sede de Presidencia para trasladarlle ao Secretario Xeral da Presidencia, D. Gumersindo Guinarte Cabada, as súas reivindicacións e entregarlle o manifesto que se ía ler hoxe tal e como se comunicara con anterioridade para o desenrolo da manifestación.
Gumersindo Guinarte mostrou interese pola situación do colectivo e anunciou que trasladará ao Presidente da Xunta de Galicia, D. Emilio Pérez Touriño, as reivindicacións do colectivo.
Os representantes de Fademga esperan agora recibir notificación da data concreta da reunión anunciada pola Dirección Xeral de Acción Social para sentarse a negociar e dialogar sobre os asuntos que preocupan ao colectivo.
No fax remitido polo Director Xeral de Acción Social, D. Bieito Seara Formoso, a Fademga o pasado mércores 4 de outubro anunciaba que se convocaría aos representantes da Federación galega ao máis tardar o día 19.
Os representantes de Fademga piden disculpas ao non poder atender aos medios de comunicación trala reunión tal e como era o seu desexo debido a un certo retraso no incio da mesma.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.