Notas de prensa

Traballo adica máis de 503.000 euros aos programas experimentais de emprego dirixidos aos colectivos con dificultades de inserción laboral

Estas accións formativas concrétanse en proxectos formativos con compromiso de contratación e están deseñadas atendendo aos colectivo con maiores trabas ou problemas á hora de acceder ao mercado de traballo.

Co obxecto de mellorar a empregabilidade dos colectivos desfavorecidos, como son as persoas con discapacidade, os parados de longa duración, as mulleres, os maiores de 40 anos que leven máis dun ano en paro ou os desempregados que accedan ao seu primeiro emprego, a Consellería de Traballo, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, desenvolveu unha serie de programas de accións formativas experimentais e complementarias do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (Plan FIP).

A finalidade destas accións consisten na subvención da cobertura das actividades formativas incluídas nos distintos subprogramas, que se incrementará nun 35% no caso de que estas accións estean dirixidas especificamente a discapacitados. A subvención tamén cubrirá os custos salariais dos docentes e do seu desprazamento, así como o desprazamento dos alumnos, tanto para viaxes ordinarias como didácticas. Ademais, a subvención financia os gastos correntes para materiais e subministracións, para a amortización dos instrumentos e equipos e os custos do servizo de asesoría en relación coa acción de formación.

Estes programas experimentais de emprego están dirixidos ás persoas que se atopan en situación de desemprego, sobre todo a aqueles colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, como son, entre outros, as persoas con síndrome de down, minusvalidos e mulleres. Neste senso, as entidades que xestionan estes proxectos teñen un compromiso coa Consellería de Traballo, polo cal se establece a contratación do 35% dos participantes.

Unha das iniciativas postas en marcha e adicada ao sector feminino é Hábitat Muller, unha iniciativa xestionada pola Fundación Moa e dirixida especialmente ao colectivo de mulleres que se atopen en situación de desemprego, preferiblemente perceptoras de prestación ou subsidio e inscritas como demandantes na provincia de Lugo. A Consellería de Traballo adica un presuposto total de 205.250 euros, que beneficiarán a 150 mulleres desempregadas do ámbito de Lugo, Monforte de Lemos e Sarria.

As accións formativas que levan a cabo céntranse no eido das novas tecnoloxías, as participantes poderán coñecer o uso dos ordenadores, sistemas operativos, redes, ofimática básica ou internet. Outros módulos están destinados a ofrecer coñecementos sobre técnicas de busca de emprego, información sobre as posibilidades do autoemprego, co fin de fomentar esta modalidade de emprego como vía de acceso ao mercado laboral, así como facilitar a adquisición de coñecementos técnicos precisos para a xestión do negocio, as axudas e as subvencións as que poden acceder.

A Consellería de Traballo consciente das dificultades de inserción laboral das persoas pertencentes ao colectivos de minusválidos, financia con un total de 175.500 euros un programa experimental de emprego que xestiona a Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI) que beneficia a 108 persoas con discapacidade, das cales o 50% son mulleres e, por outra banda, tamén terán preferencia aquelas persoas que leven 6 meses sen contrato de traballo. Así, COGAMI realiza accións de información e asesoramento laboral, formación para a busca de emprego con talleres ou grupos reducidos, así como actividades formativas para fomentar o autoemprego. Ademais, cabe sinalar que o compromiso de contratación é do 40%.

Por outra banda, o departamento que dirixe Ricardo Varela inviste 28.000 euros para facilitar a inserción ao mundo laboral das persoas con síndrome de down. Así, Traballo destina un total de 18.200 euros para o desenvolvemento de proxectos experimentais de emprego ao longo de 2006, e para o ano 2007, estes incentivos chegan aos 9.800 euros, que beneficiarán a 21 desempregados galegos.

Por último, cabe destacar o programa experimental de emprego que xestiona a Fundación Altedia Creada, xa que se trata da iniciativa que acolle ao maior número de beneficiarios cun total de 300 persoas. O proxecto que se denomina Antena Laboral da Coruña e Vigo trátase dun programa de formación nas novas tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) que posibiliten a inserción laboral estable dos demandantes.

Este programa está deseñado para que se produza unha entrada ao mercado laboral así como para favorecer a volta, e dicir, para reinsertar a un demandante de emprego. Nese senso, apoiase á persoa e ao seu entorno, elaborase un diagnóstico tanto persoal coma profesional, analízanse as súas capacidades profesionais, así como un seguimento e asesoramento. O compromiso de contratación asumido pola Fundación Altea alcanza o 40%.

Os programas experimentais de emprego

O desenvolvemento desta iniciativa, dirixida aos desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego, agrúpanse, a súa vez, en tres subprogramas, os Proxectos formativos con compromiso de contratación dos alumnos que, polas súas especiais características, non se axusten aos requisitos esixidos no Plan FIP. As entidades incluídas neste apartado deberán comprometerse a contratar polo menos o 60% do número de alumnos para os que se aprobou a acción formativa, por un período mínimo de seis meses a xornada completa, ou tempo equivalente se a contratación non é a xornada completa.

No caso de que o proxecto formativo se dirixa exclusivamente a colectivos desfavorecidos: persoas con discapacidade, parados de longa duración, maiores de 40 anos que leven máis dun ano en paro ou desempregados que accedan ao primeiro emprego, a esixencia de contratación poderá reducirse ao 40%.

Por outra banda, a través de Cursos de posgrao e cursos organizados por escolas de especialización profesional das universidades galegas, así como daquelas entidades expresamente vinculadas á relación universidade-empresa, dirixidos á mellora da empregabilidade dos titulados universitarios, que teñan carácter ocupacional e sexan útiles para a mellora da inserción laboral dos posgraduados.

E un terceiro subprograma, que son as Accións de carácter experimental que non teñan cabida no Plan FIP e que melloren a empregabilidade dos destinatarios, sempre que haxa expectativas razoables de inserción laboral dos alumnos participantes e as accións que se realicen sexan preferentemente as relativas aos novos filóns de emprego.Os beneficiarios da subvención estarán en función dos programas que vaian a desenvolver. Deste xeito, para a execución de proxectos formativos con compromiso de contratación, as entidades beneficiadas poderán ser as empresas, as agrupacións de empresas e as entidades sen ánimo de lucro.

A selección dos alumnos que vaian a recibir as accións formativas, efectuarase a través dunha sondaxe pola oficina de emprego correspondente entre os demandantes inscrito na mesma. Unha vez finalizado o programa e as súas respectivas actividades, os alumnos recibirán un diploma acreditativo sempre e cando asistisen como mínimo ao 75% do curso e realizasen todas as accións formativas con aproveitamento.

Para verificar o cumprimento deste programa, a Dirección Xeral de Formación e Colocación e as delegacións provinciais aplicarán un sistema de seguimento e control, que consistirá na realización de visitas ás accións formativas aprobadas e enquisas a alumnos e docentes, e emitirase un informe respecto do progreso da acción e do seu grao de execución en cada momento.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2006-10-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES