Esta mostra reúne preto de 60 obras entre as que se inclúen pinturas, debuxos e instalacións, coa utilización das máis variadas técnicas ‘pictóricasÂ’ —óleos, acrÃlicos, tintas, vinilos, fotografÃas, esmaltes, etc.— sobre distintos soportes. Precisamente o tÃtulo e eixo temático da exposición alude á capacidade de transformación e adaptación da pintura, e á súa contaminación con outras técnicas, procesos e medios artÃsticos.
Sobre o comisario:
Ignacio Pérez-Jofre Santesmases (Madrid, 1965) é artista e profesor da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Como artista, realizou exposicións individuais no Museu de la Universitat dÂ’Alacant, en La Fábrica (Palencia), na GalerÃa Trinta (Santiago de Compostela), e na GalerÃa Bacelos (Vigo), entre outras. Nos últimos anos ten realizado performances en diversos festivais como IFI (Pontevedra, 2004) ou IMÃN (Vilanova de Famalicão, 2005). É autor do libro Huellas e sombras (A Coruña, 2001) e coordinador de Isto faino calquera (Pontevedra, 2004). Ten organizado e impartido ciclos de conferencias e talleres en colaboración con museos e centros de arte, como o MARCO de Vigo, o CGAC de Santiago de Compostela, e a Fundación Laxeiro de Vigo.
Catálogo
O MARCO editou un catálogo trilingüe (galego, castelán, inglés) que, ademais de notas biográficas dos artistas e reproducións das obras en exposición, inclúe un texto de Enrique Juncosa, director do Irish Museum of Modern Art, e un texto do comisario Ignacio Pérez-Jofre, elaborado a partir das súas conversas cos artistas Pablo Alonso, Nono Bandera, Toño Barreiro, Bosco Caride, Salvador Cidrás, Arancha Goyeneche, Enrique Marty, Din Matamoro, Teresa Moro, Marina Núñez, Juan Rivas, Teo Soriano e Siméon Saiz Ruiz, todos eles presentes na mostra.
Actividades complementarias
‘PINTANDO SEN PINTAR’. Visitas e obradoiros para escolares
Un programa que ten como obxectivo achegar ao público escolar unha visión contemporánea da pintura e da forma na que os artistas actuais incorporan novos medios, procesos e materiais para realizar unha obra pictórica.
• Datas: do 3 de outubro ao 22 de decembro de 2006
• Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)
• Horario: martes, mércores, xoves e venres de 11.00 a 14.00
PREVIA CITA no tel. 986 113900/11 (ext. 307 ou 314)
TALLERES DE ARTISTA. ‘DIN MATAMORO. Cores, latexos e taquicardias’
• Datas: do 27 de novembro ao 1 de decembro de 2006
• Lugar: sala perimetral B1 (1º andar)
• Horario: luns, martes, mércores, xoves e venres de 16.30 a 20.30
PREVIA INSCRICIÓN e MATRÃCULA
‘MUTANTES NA BIBLIOTECA’. Exposición bibliográfica
Selección de fondos bibliográficos e documentais sobre os artistas participantes na exposición.
• Datas: do 29 de setembro de 2006 ao 7 de xaneiro de 2007
• Lugar: Biblioteca-Mediateca (1º andar)
• Horario: martes, mércores, xoves e venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00
ENTRADA LIBRE e GRATUÃTA
SÃntese do proxecto expositivo:
A pintura non morreu. Como un organismo vivo, adáptase ás novas situacións, mestúrase e contamÃnase con todo aquilo que a rodea —cine, fotografÃa, deseño, arquitectura, urbanismo, banda deseñada, ilustración, etc.— nútrese de todas as experiencias da cultura circundante e responde a elas, nun permanente proceso de transformación. O termo ‘mutanteÂ’ remite á idea de azar e de adaptación ao medio, á capacidade da pintura para se transformar xeneticamente, como unha disciplina en cambio continuo, ligada a circunstancias internas e externas igualmente dinámicas.
PINTURA MUTANTE amosa o traballo de 16 artistas que teñen vivido e viven esa crise e renovación do pictórico. Obsérvase nela un dobre movemento, centrÃpeto e centrÃfugo: por unha banda, a incorporación de recursos, temáticas e estéticas procedentes de campos exteriores á pintura e, pola outra, unha expansión espacial e conceptual do pictórico.
Son artistas dunha xeración formada a finais dos anos oitenta e durante os noventa, década na que a maiorÃa iniciou a súa traxectoria creativa. Todos eles conectan cunha determinada sensibilidade contemporánea e comparten, en maior ou menor medida, unha serie de caracterÃsticas: a súa falla de prexuÃzos sobre a estrutura e xerarquÃa dos xéneros artÃsticos; a súa apertura e abandono da subxectividade sen concesións en favor dunha vontade comunicativa, de interacción co espectador, que leva a unha renovación de linguaxes formais con grande capacidade de sedución; a súa incorporación de medios, materiais, procesos, imaxes e ideas procedentes doutros campos da arte e doutros eidos culturais; e a súa diversidade e variadas tendencias, incluso dentro da obra dun mesmo artista.
O percorrido por salas ofrece abondosos exemplos destas contaminacións e mutacións. A irrupción do mundo exterior no espazo idealizado do estudo do artista na peza de Pablo Alonso. As investigacións de Toño Barreiro sobre os lÃmites e hibridacións entre xéneros artÃsticos. A incorporación de materiais procedentes do seu contorno cotiá, dos medios de comunicación ou da arquitectura, na obra de Manu Muniategiandikoetxea. Os cyborgs e aliens como representacións da transformación do humano en Marina Núñez. O uso de obras de arte preexistentes dotadas de novos contidos nas instalacións de Nono Bandera. Os graffiti ou pequenos murais de Eltono & Nuria, nos que conflúe unha tradición de pintura construtivista coa práctica da arte urbana. A ollada fugaz e dinámica nas paisaxes de Juan Rivas, auténticas road movies disfrazadas de cadros de caballete. A irregularidade do trazo manual combinada cunha precisión fotográfica nas escenas urbanas de Bosco Caride. A combinación de materiais de uso industrial en Arancha Goyeneche. A expansión fÃsica da pintura na instalación de Daniel Verbis. O carácter escenográfico das pinturas-instalacións de Enrique Marty. O xeito en que Simeón Saiz Ruiz utiliza a pintura como medio para intensifica-la percepción. A técnica minuciosa de Salvador Cidrás, cun equilibrio entre a manualidade do proceso e o mecánico da imaxe orixinal. A tradición da ensamblaxe unida á súa particular visión arquitectónica nas pequenas pezas de Teo Soriano. A aparente frialdade e pulcritude descritiva dos obxectos animados de Teresa Moro. E o impacto na retina das imaxes de Din Matamoro, nadas nunha sala de cine.
Texto do comisario Ignacio Pérez-Jofre:
“Esta exposición ten que ver cunha forma de entender a pintura baseada na transformación do xénero pictórico. A tese principal parte da constatación de que a pintura deixou de ocupar unha posición central, sólida, na arte contemporánea, sendo desprazada por outras disciplinas máis recentes como a videoarte, a fotografÃa, a instalación, etc. Mudou vulnerable, fráxil; pero este cuestionamento, lonxe de debilitala, foi para a práctica pictórica un estÃmulo de cambio e desenvolvemento.
Dende hai aproximadamente un século, a pintura ten sido declarada morta en diferentes momentos e por diversos motivos: por ilusionista, por estar asociada a un sistema de mercado, por non ser soporte de ideas senón tan só ofrecer sensacións... Na pasada década, tras a eclosión das transvangardas pictóricas dos anos oitenta, rexurdiron tales proposicións. Un dos argumentos que contra a pintura se teñen esgrimido é o da súa excesiva carga cultural. Segundo este pensamento, ao provir dunha situación de primacÃa na xerarquÃa das artes, non é quen de descargarse das connotacións que tal posición implicaba: autoridade, propiedade; e esta situación delimitarÃa un campo estético definido, pechado, que semella impor uns lÃmites formais e conceptuais. Estes transmitirÃanse de xeito inconsciente e insidioso: sen nos decatar, pintariamos con recursos e estéticas herdadas, o que priva ao medio de capacidade de sorpresa, de posibilidades de renovación. Sendo tal argumentación de orde cultural, e non referÃndose ás condicións materiais do pictórico, invalÃdase no momento en que a pintura se desprende desas connotacións. Para iso, o artista actual ha ser quen de desmontar esa xerarquÃa, traballando coa pintura nun plano de igualdade cos demais recursos artÃsticos. Por iso é tan importante o modelo do artista multimedia: porque desfai a estrutura dos xéneros artÃsticos e a súa potencial xerarquización.
A pintura é, pois, axeitada no momento en que a consideramos un medio máis, non un fin en si mesma. Os artistas que participan nesta exposición non toman a pintura como motivo central do seu pensamento creativo, non traballan nunha esfera do estritamente pictórico, non defenden unha esencialidade do xénero (de feito, a maiorÃa deles traballan simultaneamente noutros territorios da arte). Son artistas que usan a pintura, como a fotografÃa ou o vÃdeo, cunha finalidade determinada e en función das súas calidades fÃsicas, visuais e culturais. Por iso, non se trata aquà dun problema de técnicas ou formatos, senón de actitude.
O problema dos medios relaciónase con outro dos cuestionamentos que de xeito recorrente se lle veñen facendo á pintura: critÃcaselle polo seu estatismo, a súa configuración estable, a súa fisicidade. Segundo esta visión, eses caracteres inherentes á pintura a incapacitan como vehÃculo de aspectos da realidade contemporánea vencellados ao fragmentario, o cambiante, o virtual, como os medios electrónicos ou as redes de información. A miña proposta rexeita esta polarización dual de conceptos estéticos –material contra virtual, inmediato contra mediado, estático contra temporal– con que de cote se sentencia a un ou outro xénero artÃstico.
Do mesmo xeito que un filme pode transmitir sensacións de estatismo e materialidade –pensemos, por exemplo, nas calidades matéricas e o tempo contemplativo do cine de Tarkovsky– tamén un medio estático e material, como a pintura, pode ser usado para aludir a realidades fugaces e inmateriais. AsÃ, a pintura que aquà se expón non se presenta coma unha alternativa aos medios tecnolóxicos ou ás artes temporais, senón que dialoga con estas e con aqueles, integrándose con todos eles nun espazo interpenetrado de relacións culturais.
Neste sentido, esta exposición pretende, tamén, contribuÃr á creación dun panorama normalizado, no que a pintura se entende coma unha opción estética e técnica máis dentro dos recursos da arte contemporánea. É por mor disto que a exposición se cingue estritamente ao xénero pictórico (se ben entendendo este no sentido ampliado en que o coloca a contemporaneidade), evitando o recurso habitual de modernizar unha exposición de pintura introducindo algo de vÃdeo, un pouco de instalación, moita fotografÃa.
A obra créase, asÃ, nunha transacción, un intercambio coa contorna artÃstica e cultural; non é unha obra ensimesmada, silenciosa, senón máis ben extravertida, ás veces ruidosa. O deseño, a ilustración, a publicidade, a televisión, a fotografÃa, o cine, a instalación, a arquitectura, etc. están implicitamente presentes nesta exposición, tanto como o propio medio pictórico o está de xeito explÃcito.
Como consecuencia disto, a heteroxeneidade, a hibridación, a mestura, sendo ideas, actitudes e prácticas culturais caracterÃsticas da actualidade, están tamén presentes nesta pintura. Os estilos xustapóñense e superpóñense libremente, as imaxes son axeitadas, manipuladas e devoltas á esfera do público, os conceptos son reutilizados, reciclados, nese proceso continuo de postprodución que describe Nicolas Bourriaud.
Este xeito de entender o pictórico inscrÃbese nun novo modelo de dinámica artÃstica que propoño, baseado na idea de mutación. A mutación é un proceso azaroso de transformación xenética, que posibilita a evolución das especies grazas á súa adaptación ao medio. A dinámica de avance vangardista chega á súa fin na posmodernidade, momento en que é negada a posibilidade de progreso na arte. Por contraste con este pensamento, a metáfora dunha arte mutante afirma a posibilidade de cambio; pero non un cambio autónomo, de signo idealista e utópico, como o que aparece implÃcito no proxecto das vangardas, senón unha evolución vencellada á transformación inevitable da sociedade. A pintura, como ente mutante, desenvolve estratexias de adaptación a un contexto igualmente dinámico e é quen, ao mesmo tempo, de cooperar na transformación deste escenario.”