Manuel Puga (Redondela, Pontevedra) é licenciado en Ciencias Biolóxicas e Farmacia pola USC e doutor en Ciencias pola mesma Universidade. Participou en numerosos cursos de especialización na industria farmacéutica e en técnicas de xestión empresarial, impartidos por ICI Training&Development Group e Zeneca Pharmaceuticals e por outras entidades internacionais de formación.
A súa vida académica comezouna no Departamento de Edafoloxía da USC e no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega). En 1981 incorporouse ao mundo industrial da man de Laboratorio Farmacéuticos ICIFarma, onde foi director de Operacións en O Porriño. É membro do Padroado de Fundación Empresa Universidade de Galicia (FEUGA) e da xunta directiva de Feique e desde 2002 ocupa a Presidencia da xunta directiva da Fundación Galicia-Empresa.
Manuel Puga colaborou tamén en diversos proxectos de investigación e ten publicados unha serie de traballos sobre temas relacionados coa súa especialización en revistas nacionais e internacionais. Forma parte da Asociación Española de Farmacéuticos da Industria e foi galardoado co Premio Federico Maciñeira que concede a Deputación Provincial de A Coruña. É ademais membro académico numerario da Academia de Farmacia de Galicia.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.