Notas de prensa

O iTERRA será epicentro da análise arredor da tecnoloxía para o ben común e a cooperación para o desenvolvemento

O Instituto de Investigación en Saúde Global e Desenvolvemento Sostible da USC acollerá o vindeiro venres o encontro anual da Rede Artigo9Tech, unha iniciativa que promove a aplicación do coñecemento científico e tecnolóxico ao ben común e á cooperación para o desenvolvemento, e que reúne profesionais da USC, a UDC e a UVigo,e a diversas entidades sociais, como Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia.

A iniciativa está vinculada á Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) e desenvólvese no marco do impulso á cooperación universitaria promovido pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

O encontro ofrecerá un espazo para coñecer os proxectos financiados a través da Convocatoria Artigo9 e compartir iniciativas desenvolvidas no Campus de Lugo relacionadas coa tecnoloxía para o ben común e a cooperación para o desenvolvemento. O programa inclúe tamén un espazo de encontro e intercambio entre as persoas participantes, co obxectivo de favorecer o contacto entre profesionais de diferentes disciplinas e promover novas oportunidades de colaboración.

A xornada está aberta á comunidade universitaria e a todas as persoas interesadas nestes ámbitos. Desde iTERRA anímase especialmente ao persoal investigador do Campus Terra a participar e aproveitar este encontro para dar a coñecer proxectos e iniciativas relacionadas con estas temáticas. Para asistir é preciso formalizar inscrición previa.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2026-11-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O ciclo 'Primeira Fila' fomentará a visibilidade de novos talentos musicais, impulsado pola Fábrica de Chocolate co obxectivo de apoiar a proxección de artistas e bandas e facilitar o seu encontro co público nas salas de concertos de Galicia. O ciclo, que arrincou en maio e xa percorreu as salas de Melide e Santiago de Compostela, continuará en xaneiro con sete novas propostas. A actividade retomarase o 21 de xaneiro en La Conservera, (Viveiro), con 9Louro e Monoulious DOP. No mesmo espazo actuarán Eladio y los Seres Queridos e Capital Voskov, o 13 de febreiro, así como Marisa Valle Roso, o día 20. O 20 de febreiro Taïn ofrecerá un concerto na Sala Jagger, en Lugo, mentres que Santi Araújo estará o 27 de febreiro na Sala Arca de Noé, en Vilar de Santos.
Foto de la tercera plana (universidade-estudante.jpg) O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e a reitora da Universidade de Vigo, Carmen García Mateo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para reforzar o acompañamento psicolóxico aos estudantes. Este acordo, dotado con 60.000 euros, dá continuidade ao xa asinado en 2025, un ano no que se os dispositivos de acompañamento psicolóxico das universidades públicas galegas atenderon 370 alumnos.

Notas

O Instituto de Investigación en Saúde Global e Desenvolvemento Sostible da USC acollerá o vindeiro venres o encontro anual da Rede Artigo9Tech, unha iniciativa que promove a aplicación do coñecemento científico e tecnolóxico ao ben común e á cooperación para o desenvolvemento, e que reúne profesionais da USC, a UDC e a UVigo,e a diversas entidades sociais, como Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia.
O proxecto europeo Marinnonet, liderado polo Centro de Investigación Mariña da UVigo no marco do programa Interreg Atlantic Area, chega ao seu fin tras tres anos de traballo con resultados que contribúen a fortalecer o sector da biotecnoloxía azul no espazo atlántico. Os socios participaron na xuntanza final e, entre os principais logros, destacaron a creación dunha rede transnacional de cooperación científica e empresarial.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES