Notas de prensa

Unha universidade de Taiwán distingue coa súa cátedra honoraria ao profesor coruñés Ricardo García Mira

A Universidade Nacional Tsing Hua (NTHU) de Taiwán distingue ao profesor coruñés Ricardo García Mira coa cátedra honoraria 'Ching-Ching Hung-Dao'. Financiada pola Fundación que leva o mesmo nome, esta cátedra foi deseñada para recoñecer a excelencia en investigación, docencia e prestixio internacional, e ao mesmo tempo atraer ou reter talento académico. A cátedra está considerada un dos maiores recoñecementos académicos internos na Universidade Estatal Tsing Hua, con sede en Hsinchu, por riba dun posto ordinario de profesor.

No contexto da NTHU, esta distinción é promovida polo College of Education e polo Departamento de Recursos Ambientais e Culturais, e concédese ao Profesor García Mira como proba de recoñecemento institucional, académico e científico polos destacados traballos de colaboración internacional e o seu impacto académico e científico no ámbito da aplicación da psicoloxía á educación.

A denominación “Ching-Ching Hung-Dao” procede do chinés orixinal “Qingjing” (o benefactor) e ten por obxecto promover o “Dao”, un concepto filosófico confuciano que significa “o camiño correcto do coñecemento e da educación”.

O Profesor García Mira, que foi recentemente nomeado Catedrático Emérito polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña, suma así unha distinción máis na súa brillante carreira académica, que se une ás que xa posúe coa Bath University, onde é Catedrático Honorario desde 2016 ata 2027, ou a de “Doctor Honoris Causa” pola Universidade Alexandru Ioan Cuza de Iași (Romanía), concedida en 2018, ou a distinción de “Académico” da International Association of Applied Psychology (a sociedade de psicoloxía máis antiga do mundo), concedida tamén en 2018. García Mira foi tamén Profesor Visitante Distinguido da Universidade do Estado de Texas (2002) e da Cornell University (2019), ambas dos Estados Unidos, e máis recentemente da Universidade de Tokyo (2021) e da Universidade de Santo Tomás de Manila (2025).

Universidade da Coruña (UDC), 2026-05-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES