
Así o explicou na apertura desta nova cita o coordinador xeral desta edición, Juan Pontón, unha sesión celebrada no salón de actos da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, e na que estiveron acompañados por numerosas autoridades académicas e políticas que non quixeron perderse o arranque dun encontro que co paso dos anos se converteu no foro universitario máis relevante da comunidade e un dos máis importantes a nivel nacional, no que se pon en contacto ás empresas que buscan talento cos estudantes que están a piques de dar o salto ao mercado laboral.
Nestes últimos meses logramos multiplicar as visitas á nosa web e o impacto en redes sociais, o que, unido a todo o anterior, demostra que este evento non ten teito, recalcou Pontón, quen se amosou convencido de que unha vez se peche esta edición -a clausura está prevista para mañá mércores ás 18.30 h- serán quen de anunciar un novo récord, neste caso de persoas asistentes, de currículos entregados, e, o máis importante, de contratos conseguidos.
Levan meses traballando e esta semana tócalles ver os resultados. As tres escolas cheas de actividades, corredores repletos cos postos das empresas e estudantes participando en cada unha das iniciativas propostas, un ir e vir de persoas, tanto representantes das empresas participantes e dos colaboradores, como de alumnas e alumnos que buscan atopar neste encontro a súa primeira oportunidade laboral.
O primeiro paso real cara ao mundo profesional
No acto de apertura todo foron parabéns: do reitor, Manuel Reigosa; dos responsables das súas escolas-Elena Alonso, de Enxeñaría de Minas e Enerxía; José Fariña, de Enxeñaría Industrial, e Rebeca Díaz, da EE de Telecomunicación-; do alcalde, Abel Caballero; da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño.
Todas e todos lles deron os seus parabéns porque, tal e como apuntou o reitor, cada ano cando marchamos do foro pensamos que algo que xa está tan pulido e que ten tanto éxito non pode mellorarse, pero, de novo fixéstelo. Neste aspecto, fixo tamén fincapé a directora da EET, que exerceu como anfitrioa, remarcando a importancia do excelente labor de transmisión de coñecemento que realizan dunha a outra xeración, de maneira que, entre todos, se está a conseguir algo cada vez mellor.
De cara ao futuro formuláronlle novos retos e, neste aspecto, foi no que se centrou o alcalde, Abel Caballero, que os animou a pór todo o seu talento ao servizo da sociedade. Vós sodes os que vos ides encargar dos grandes desenvolvementos tecnolóxicos e tendes que ser quen de conseguir que todo isto repercuta no conxunto da sociedade, que se traduza en avances sociais, insistiulles o rexedor vigués.
Pola súa banda, a delegada da Xunta en Vigo, non dubidou en referirse a este encontro como o foro universitario máis relevante da nosa comunidade e un dos máis destacados de toda España e, nesta liña, non dubidou en comprometer o apoio da Xunta a este iniciativa. Nestes dous días miles de estudantes atopádesvos cara a cara con empresas líderes que veñen aquí á busca do que máis necesitan: a vosa innovación, a vosa enerxía e a vosa capacidade de transformar o futuro, subliñoulles Ortiz, referíndose ao foro como o primeiro paso real cara o mundo profesional.
Atención personalizada e múltiples actividades
A 26ª edición do Foro mantén a estrutura de éxito de anos anteriores, consolidando actividades como os workshops de temática técnica e de orientación laboral; mesas redondas con responsables de recursos humanos de diferentes compañías; actividades de speed recruiting, onde o alumnado pode practicar entrevistas rápidas con múltiples empresas, e obradoiros nos que os estudantes poden gozar de charlas e actividades centradas nas competencias transversais do seu currículo, como oratoria ou comunicación.
En canto aos postos das empresas están despregados nos vestíbulos e corredores das escolas de Enxeñaría Industrial e Minas e Enerxía. No vestíbulo da EEI nomes como Coren, Profand, Norvento Enerxía, Cortizo, Borgwarner, Deloitte
na 2ª planta Navantia, Accenture, Ecoforest, Oesía, Dinak
En Enxeñaría de Minas e Enerxía, Indra, Televés, Centum, Balidea, Alén Space, Gradiant, Optare
así ata completar a listaxe das 53 firmas participantes desta 26 edición do foro.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.