
A planta de chips de SPARC (III-V Semiconductor Foundry and Advanced Photonics Research Centre) será a primeira factoría fotónica de España, que se agarda que en 2027 poida estar producindo ata 20.000 obleas de fotónica integrada de alta gama anuais.
Este é un proxecto no que se leva traballando moito tempo e que contén todos os elementos que nos fan felices: colaboración entre institucións, entre a academia e o mundo empresarial, público-privada, e que ademais está facendo que a alta tecnoloxía se implante en Vigo, que seguramente será o nacemento dunha liña industrial moi importante, moi de futuro, sinalou o reitor da UVigo, Manuel Reigosa no acto celebrado este mediodía, que presidiu o ministro de Transformación Digital y de la Función Pública. Na súa intervención, Óscar Puente, asegurou que hoxe damos un paso máis na xestación dun súper proxecto tecnolóxico que naceu dunha universidade pública e que estará plenamente operativo en 2027. Unha mostra clara do estado emprendedor que representa o Goberno de España.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero; o delegado del Estado no CZFV, David Regades, ademais de Francisco Díaz, CEO de SPARC, foron xunto a outras autoridades e representantes empresarias e sociais, algúns dos protagonistas do acto celebrado hoxe.
200 postos de traballo directos de alto valor e 550 indirectos
O proxecto, froito da colaboración pública-privada, integra á Sociedad Española para la Transformación Tecnológica (SETT), que participa cunha inxección de máis de 17 millóns de euros; o Consorcio da Zona Franca de Vigo, Universidade de Vigo; Indra Group; así como o capital privado, centrase do deseño e produción de chips fotónicos, baseados no nitruro de galio, unha tecnoloxía clave para a autonomía estratéxica europea e española, vital nos sectores de defensa e aeroespacial, pola súas aplicacións en radiofrecuencia e radares, así como na automoción ou a biomedicina.
Na súa intervención deste mediodía, o ministro Óscar López sinalou que o obxectivo do proxecto é construír un ecosistema fotónico en Vigo que satisfaga a alta demanda no mercado europeo ao ofrecer unha capacidade de 1.500 obleas ao año ao comezar a súa produción, co obxectivo de acadar as 20.000 anuais, con nulo ou mínimo impacto ambiental". A factoría que se prevé xerará 200 postos de traballo directos de alto valor e 550 indirectos, fará de Vigo unha das xoias da coroa da revolución dixital española, dixo o ministro.
Pola súa banda, o reitor da UVigo destacou o traballo desenvolvido polo CEO de SPARC e catedrático da UVigo, Francisco Díaz, así como o do delegado da Zona Franca, o alcalde de Vigo e Indra. Sen eles sería imposible, dixo, ao tempo que incidiu na importancia que un proxecto coma este ten para as e os egresados da UVigo así como para a atracción de talento foráneo. Se ben estamos moi contentos de que os nosos egresados poidan competir ao longo de todo o planeta e poidan ir ás multinacionais que queiran, gústanos que queden xerando valor económico, riqueza e tamén emprego de calidade e igualdade na comarca. Entón é unha ledicia, que permitirá que non só queden aquí egresados nosos, senón que atraíamos egresados doutras latitudes, pensando que talento non ten fronteiras e para nós como comunidade autónoma e país é moi positivo.
Independencia tecnolóxica de Europa
Na súa intervención, o delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades, destacou o de hoxe como un día moi importante para a independencia tecnolóxica de Europa, ao tempo que confirmou que este ano máis de 25 traballadores da planta están desenvolvendo os sistemas e a forma de produción e o ano que vén, cando empecemos a fabricar as primeiras obleas fotónicas estarán máis de 200 persoas directas traballando na planta.
Mentres o alcalde de Vigo, Abel Caballero, agradeceu o liderado de Zona Franca no proxecto e o papel do ministro no que cualificou de fito para a cidade, Manuel Escalante, Chief Technology Officer de Indra Group, accionista maioritario de SPARC, destacou que a fábrica sitúa a Vigo no pódium de iniciativas europeas que buscan garantir a soberanía tecnolóxica nun ámbito crítico para os sectores de defensa e aeroespacial.
Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.