
A profesora da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa María Regueiro, impartirá, a vindeira semana, a primeira conferencia do ciclo, titulada Repensando a economía entre a sustentabilidade, a enerxía e os limites do crecemento. O martes 14 de outubro terá lugar o segundo relatorio da man do director de Phoenix Contact E-Mobility, Adriano Mones, quen afondará nas infraestruturas intelixentes e na mobilidade eléctrica. Na terceira e última das conferencias, prevista para o martes 23 de outubro, o profesor da Escuela Técnica Superior de Ingeniería da Univesidad de Sevilla (US), Juan Manuel Escaño, falará sobre os ciberataques industriais, definíndoos directamente como o inimigo silencioso.
Ao igual que na súa primeira edición, este segundo Ciclo Auto-Sinerx-IA. A Automática e a Intelixencia Artificial como Ferramentas para os Desafíos da Industria e da Sociedade está dirixido ao alumnado das titulacións de grao e de máster da EPEF. Con todo, a actividade está aberta a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado ata completar o aforo do Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol.
Un total de cinco candidaturas galegas optan como finalistas aos XIX Premios Nacionais de Artesanía, convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Galicia convértese así na comunidade con máis finalistas, con candidaturas en catro das cinco categorías. En concreto, os ceramistas Barreiros Artesanía e a deseñadora e redeira Amalia Puga optan ao Premio Produto, mentres que Sandra Vilas é candidata por segundo ano consecutivo ao Premio Emprendemento. Na categoría Promociona para Entidades Privadas, resultou finalista a asociación APAMP e a súa marca A Casa Rodante; e no Promociona para Entidades Públicas, é candidata a Fundación Pública Artesanía de Galicia.
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou que a Xunta vai desenvolver o título II da Lei de Xuventude de Galicia' para mellorar a calidade dos servizos que se prestan á mocidade galega con medidas para 'incrementar o número de monitores nos campamentos ou flexibilizar os requisitos para poder exercer este traballo'. Así se recolle no proxecto de decreto co que se actualiza o segundo título desta normativa que foi avaliado hoxe no Consello da Xunta e que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia 'despois dun longo proceso de participación e diálogo cos axentes implicados' a través de distintos espazos de escoita activa.