O encontro, organizado pola Comunidade Médica en Formación e apoiado pola USC e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, inaugurouse nun acto no que participaron o decano da Facultade de Medicina, José Carreira Villamor; o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; a directora da Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Isabel Lista GarcÃa; e o responsable do Comité Organizador do Congreso, Carlos Vila.
No seu discurso, o decano de Medicina agradeceu aos membros da CoMeF a organización dun evento que agarda "sexa frutÃfero e redunde nun incremento dos coñecementos e da visión que todos teredes na vosa profesión". "Todos os estamentos da sociedade deben colaborar e amosar as fortalezas da docencia, porque o obxectivo é ter unha universidade viva, e este Congreso é unha mostra clara diso", apuntou.
Pola súa banda, o conselleiro deu unha serie de recomendacións aos futuros sanitarios salientando, entre outras cuestións, que "Galicia é un bo sitio para formarse e traballar", poñendo en valor o capital humano sanitario que permite consolidar a comunidade galega como un referente no eido da investigación clÃnica. "Temos a maior oferta de formación sanitaria especializada, con 682 prazas, e comezaremos a formar aos primeiros residentes especializados en Medicina de Urxencias, o que amosa o noso compromiso coa formación de novos profesionais no seu propósito de reter talento e seguir a avanzar", sinalou o conselleiro.
Como membro do comité de honra, Isabel Lista quixo salientar a importancia da investigación na medicina clÃnica: "Hoxe reunÃmonos para impulsar xuntos a medicina cara novas fronteiras, porque non se trata unicamente dunha práctica técnica, senón unha disciplina que depende profundamente da investigación e da docencia. Dende o IDIS traballamos por ser referentes na investigación traslacional, levando os avances cientÃficos directamente á práctica clÃnica e mellorando a calidade de vida dos doentes", sinalou.
Logo da apertura, as persoas asistentes asistiron á intervención do bioquÃmico Mariano Barbacid, un dos maiores expertos en investigación oncolóxica e ex director do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO). Ao longo da mañá tamén se presentaron os relatorios do endocrinólogo lÃder en terapias hormonais, Manel Puig, e do cardiólogo Josep Brugada, especialista en arritmias e descubridor dunha enfermidade causante da morte súbita cardÃaca que hoxe leva o seu nome. Pola tarde, intervén o especialista en Medicina Interna e HepatoloxÃa e director de Medicina Interna na ClÃnica Universidade de Navarra, Jorge Quiroga, e a experta en medicina deportiva e vicepresidenta primeira do Colexio Oficial de Médicos de Valladolid, Raquel Blasco.
Espazo de innovación sanitaria
O evento preséntase como un espazo de encontro entre persoal profesional consolidado e novas xeracións e de abordaxe de cuestións claves para a práctica clÃnica, como o manexo integral do paciente complexo, a medicina baseada na evidencia cientÃfica ou os avances en inmunoterapia e cancro de páncreas. En total, serán dez relatorios maxistrais de especialistas recoñecidos en varias áreas da medicina clÃnica como Ãngel Carracedo, Mariano Barbacid, Manel Puig, Josep Brugada, Jorge Quiroga, Raquel Blasco, Verónica Casado, Miguel Sanmamed, Michel Kahaleh e Magda Campins.
A sesión do sábado 4 comeza coa intervención do investigador lÃder na área de Xenética do IDIS e catedrático da USC, Ãngel Carracedo Ãlvarez, tamén director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e referencia no eido da xenética en todo o mundo. Participan tamén Verónica Casado, especialista en Medicina de Familia e primeira española recoñecida como ‘Mellor Médico de Familia do MundoÂ’; Miguel Sanmamed, investigador emerxente lÃder do grupo de investigación de inmunoterapia da Universidade de Navarra); Michel Kahaleh, xefe de gastroenteroloxÃa nun hospital de New Jersey (EEUU); e Magda Campins, que foi presidenta do Comité CientÃfico Asesor da COVID-19 en Cataluña.