Notas de prensa

O FIV de Vilalba completa o seu cartel: Varry Brava, Joe Crepúsculo ou Cycle entre as novas confirmacións

O FIV de Vilalba, un dos eventos máis especiais da música independiente en Galicia, anunciou hoxe o seu cartel completo nunha presentación na Delegación Provincial da Xunta de Galicia en Lugo. O grupo de indie pop Varry Brava, con máis de dez anos de traxectoria na primeira liña da escena musical nacional; o cantautor catalán Joe Crepúsculo e banda Cycle, de xira polo seu 20 aniversario, son os nomes que se engaden a unha proposta na que xa se presentaron Shinova, León Benavente, The Rapants ou Leria.

O Escenario Vibra Mahou acollerá parte desta programación, que se completará cos DJS Galician Army, Juancasupersub DJ Set e os lucenses Grande Osso.

Na presentación da programación o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou a colaboración do Goberno galego co festival vilalbés, "que cada ano reforza o seu poder de convocatoria e supón un importante revulsivo para a economía local". Tamén subliñou o impulso á participación de bandas galegas co apoio da Xunta, que fomenta a contratación de artistas da comunidade en festivais de música. “Desta forma dáselle visibilidade ao talento galego en citas estratéxicas como é o FIV”, concluíu. Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba sinalou que agarda que o FIV “se consolide como un novo éxito e, sobre todo, que os fivers aproveiten para coñecer a nosa vila e a súa riqueza cultural, gastronómica e natural, estou segura que Vilalba non os deixará indiferentes". Pola súa banda, Carlos Montilla, director do festival e da promotora i-radia Crea puxo en valor a aposta por facer un festival que “mantén o seu espírito de acoller a grandes bandas nacionais xunto a grupos emerxentes e apostando tamén polo talento galego como sinal de indentidade. Ademáis, coa singularidade de facelo nuha pequena vila lucense, cando a tendencia actual é facer grandes eventos en cidades”

A sesión vermú do sábado 26 será aberta para todo o público

O sábado 26, como é habitual, a festa trasladarase á Praza de Concello para unha sesión vermú na que o público poderá gozar do Karaoke FIV Stars. Por outra banda, a organización anunciou que pronto estará dispoñible o Abono Camping.

O FIV de Vilalba é un dos eventos máis esperados polos amantes da música de Galicia, ano a ano a vila énchese de “fivers” dispostos a gozar da mellor música, con actividades tamén durante o día ou iniciativas que implican ao comercio local. Con 18 edicións de historia ofrece desde Vilalba unha proposta que mestura grandes nomes da música nacional con novas bandas, destacando o talento galego. Os primeiros abonos para o evento, o abono #Fiver, esgotouse en poucos minutos. O abono xeral segue dispoñible na páxina web do evento.

O festival conta co apoio do Concello de Vilalba, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Vibra Mahou -a plataforma de Mahou Cinco Estrellas que conecta a artistas e público en torno á música en vivo-.

FIV Vilalba, 2025-02-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES