O presidente da Xunta asinou o decreto polo que se convocan eleccións para o dÃa 19 de xuño
Será publicado no Diario Oficial de Galicia de 26 de abril de 2005.

O presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, asinou o decreto de disolución do Parlamento de Galicia e polo que se convocan eleccións á Cámara galega, que se celebrarán o dÃa 19 de xuño deste ano. O decreto será publicado o martes 26 de abril, no Diario Oficial de Galicia.
En función deste decreto fÃxase para as 00.00 horas do dÃa 3 de xuño o inicio da campaña electoral, que durará 15 dÃas e rematará, polo tanto, ás 24.00 horas do dÃa 17 do mesmo mes.
Celebradas as eleccións convocadas por este decreto, a Cámara resultante reunirase para a súa sesión constitutiva o dÃa 18 de xullo, tendo como data lÃmite para a investidura do presidente da Xunta o xoves 18 de agosto.
MEDIOS MATERIAIS
O Diario Oficial de Galicia publicará tamén, este martes, o decreto polo que se establecen as normas sobre os medios materiais –locais electorais, urnas, cabinas, papeletas e sobres e impresos electorais- que se utilizarán nas eleccións.
Igualmente, o Goberno galego publicará un segundo decreto polo que se fixan as gratificacións e indemnizacións que percibirán os membros da Administración electoral en Galicia e o persoal ao seu servizo, asà como os xuÃces de Primeira Instancia ou de Paz e os representantes da Administración da Comunidade Autónoma nas mesas electorais con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2005-04-25
Actualidad

A Xunta de Galicia completou esta semana os trámites para a autorización dos nove proxectos de repotenciación voluntaria de parques eólicos recibidas entre finais de 2023 e comezos de 2024 e que permitirán suprimir 286 aeroxeradores do territorio galego asà como, coa mesma potencia, incrementar un 35 % a produción de enerxÃa renovable. Trátase dun procedemento que destacou pola súa axilidade pois os prazos de autorización administrativa acurtáronse considerablemente, completándose en menos dun ano desde a recepción do proxecto definitivo e cumprindo asà co mandato comunitario de axilizar as xestións e garantir que non se alongan máis de dous anos.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na asemblea xeral Comisión do Arco Atlántico da Conferencia das Rexións Periféricas MarÃtimas en Sevilla, na que se fixo balance do último ano e se presentaron as previsións para 2026. O director xeral interveu na sesión Un novo marco financeiro plurianual da UE: que hai para o Atlántico, onde defendeu un futuro da polÃtica de cohesión descentralizado e o rexeitamento ao cambio de modelo cara un plan único por estado membro, postura baseada nas experiencias previas que mostran que os programas operativos rexionais son a fórmula máis eficiente para a xestión dos orzamentos destinados á cohesión.
Notas
Poucas figuras teñen deixado tanta pegada no imaxinario colectivo galego como a de Isaac DÃaz Pardo (1920-2012). As súas múltiples facetas como deseñador, ceramista, pintor, empresario e intelectual convertérono nun emblema da identidade cultural galega. Precisamente neste 2025, no que se lle dedica o DÃa das Artes Galegas, a Universidade de Vigo quere renderlle homenaxe e contribuÃr a difundir o seu traballo e legado. Para facelo, este venres inaugurouse a mostra Isaac DÃaz Pardo.
A Alameda de Santiago será esta fin de semana o escenario de Compos(tech)la, un dos múltiples eventos do proxecto Santiago en Vivo para fortalecer o tecido empresarial e dinamizar a economÃa. A feira tecnolóxica contará co protagonismo da Universidade de Santiago, que levará durante o sábado e o domingo ao parque compostelán algúns dos seus centros de investigación e servizos.