Notas de prensa

Terceira edición de Our Fest: O mellor pop rock alternativo regresa este sábado a Expourense

Este sábado Expourense abrirá as súas portas para unha xornada repleta do mellor pop rock alternativo. Un festival que en tan só tres anos, logrou posicionarse como un referente da escena musical nacional, e este 2024 non será diferente, cun cartel que promete emocións fortes grazas á presenza de artistas como Jake Bugg, Miles Kane e Yard Act, que actuarán por primeira vez en Galicia, xunto a grandes nomes como Teenage Fanclub, Los Enemigos e Caballo Prieto Azabache.

Esta mañá celebrouse a rolda de prensa do evento en Expourense, onde participaron Xosé Manuel Merelles, Director de Turismo de Galicia; César Fernández, Vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e Deputado de Cultura; Aníbal Pereira, Tenente de alcalde do Concello de Ourense; e David Jiménez-Zumalacárregui, director artístico do festival. Unha presentación na que se destacou a relevancia do festival non só como evento musical, senón como un verdadeiro motor cultural e turístico para a rexión. A colaboración de entidades como a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia e Xacobeo, a Deputación de Ourense, o Concello de Ourense, Estrela Galicia e o medio oficial, Cadea Ser, foi clave para este crecemento.

Rogelio Martínez, Director xerente de Expourense, abriu a rolda de prensa destacando o compromiso do recinto co festival, que abre a tempada de eventos este ano, e o seu papel na proxección de Ourense. A continuación, César Fernández, Vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e Deputado de Cultura, destacou: "A importancia dos eventos culturais para a dinamización dun territorio, atraendo a miles de persoas e enchendo os hoteis e restaurantes". Pola súa banda, Aníbal Pereira, Tenente de alcalde do Concello de Ourense, comentou: "OUR FEST pon a Ourense no mapa cultural e turístico de Galicia, ofrecendo unha oportunidade para mostrar o mellor da nosa cidade e este ocio fai á xente máis feliz". David Jiménez-Zumalacárregui, director artístico do festival, engadiu: "Este ano, igual que nos anteriores, seguimos na liña da búsqueda da calidade e non da cantidade, atraendo a xente de moitas partes, cun cartel diferente, con bandas que teñen un pasado e bandas actuais que están dando moito que falar". Finalmente, Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, pechou as intervencións afirmando que: "Grazas tamén ao traballo conxunto das tres institucións, Ourense converteuse nunha das principais cidades musicais non só de Galicia, senón tamén a nivel estatal, axudando a proxectar a nosa cultura e atraeando tamén a visitantes do norte de Portugal cun cartel tan atractivo e diferente".

O cartel deste ano inclúe a Caballo Prieto Azabache, que abrirá a xornada ás 17.30 horas coa súa mestura de enerxía e melancolía. Ãs 18.45 horas, Los Enemigos tomarán a substitución, presentando o seu último álbum “Bestieza”. Ãs 20.15 horas, Teenage Fanclub, pioneiros do power pop, ofrecerán un set cheo de nostalxia con temas do seu álbum “Endless Arcade”.

A noite avanzará con Miles Kane ás 21.45 horas, quen traerá a súa inconfundible mestura de rock alternativo e glam rock. Ãs 23.15 horas, Yard Act ofrecerá a súa electrizante post-punk con crítica social. O peche ás 00.45 horas chegará con Jake Bugg, presentando temas do seu próximo álbum “A Modern Day Distraction”.

Cunha ocupación hostaleira que xa roza o 90% na cidade e os seus arredores, o festival tamén supón un impulso significativo para a economía local. Os restaurantes e comercios prepáranse para recibir a unha afluencia masiva de visitantes que, ademais de gozar de OUR FEST, terán a oportunidade de descubrir o encanto de Ourense, coñecida polas súas termas e a súa rica oferta gastronómica.

As entradas para a terceira edición de OUR FEST en Expourense están á venda a través de ourfest.gal e ataquilla.com a un prezo de 40€ (+ gastos de xestión).

Un cartel coas mellores bandas internacionais e nacionais de pop-rock alternativo En primeiro lugar, Jake Bugg, o talentoso cantautor británico, consolidouse como unha figura crave na escena folk rock moderna. Con éxitos como "Lightning Bolt" e "Two Fingers", promete unha actuación chea de emoción e autenticidade. Bugg distínguese pola súa habilidade para combinar melodías pegadizas con letras profundas, capturando a esencia da mocidade e a introspección nas súas composicións. Recentemente lanzou "All Kinds Of People", adianto do seu sexto álbum "A Modern Day Distraction", que sairá apenas unha semana despois da súa actuación en OUR FEST.

Tras el, Teenage Fanclub, a banda escocesa que foi pioneira no rock alternativo e o power pop desde os anos 80, garantirá un espectáculo nostálxico e vibrante coa súa inconfundible harmonización vocal e melodías pegadizas. Co seu máis recente álbum "Endless Arcade", que foi aclamado pola súa calidez e a evolución constante do grupo, farannos soñar de novo o próximo 14 de setembro en Ourense.

Yard Act, representando o mellor do post-punk contemporáneo, destácase polas súas letras satíricas e críticas sociais. Cancións como "Peanuts" e "Fixer Upper" aseguran unha presentación chea de enerxía e reflexión. A banda gañou rapidamente recoñecemento pola súa capacidade para abordar temas actuais cun enfoque mordaz e humorístico, utilizando a música como vehículo para o comentario social. Co seu novo álbum "Where's My Utopia?", producido xunto a Remi Kabaka Jr. de Gorillaz, prometen unha dose refrescante de crítica social envolta en ritmos irresistibles e vibrantes.

A continuación, Miles Kane, cunha carreira que abarca tanto o seu traballo en The Last Shadow Puppets como a súa traxectoria en solitario, traerá a súa mestura de rock alternativo, mod e glam rock a Ourense, ofrecendo un show cheo de estilo e dinamismo. Coñecido pola súa presenza escénica magnética e a súa habilidade para fusionar xéneros, Kane deixou unha marca indeleble na música moderna. Co seu quinto álbum en solitario "One Man Band", un regreso ás súas raíces de guitarra e rock indie, temas como "Come Closer" e "Don’t Forget Who You Are" son himnos que ecoan con forza e entusiasmo, asegurando unha experiencia electrizante para o público de OUR FEST.

Los Enemigos, a emblemática banda española que foi unha pedra angular do rock nacional durante décadas, achegarán un toque de autenticidade e experiencia ao festival co seu son inconfundible e letras contundentes. Cunha traxectoria que inclúe himnos do rock en español como "La Cuenta Atrás" e "Desde el Jergón", Los Enemigos souberon manterse relevantes e conectados coa súa audiencia ao longo dos anos. Presentando o seu décimo álbum "Bestieza", un traballo cheo de enerxía eléctrica e actitude rockeira, producido por Carlos Hernández, a súa actuación será un peche espectacular, celebrando a riqueza e diversidade do rock en español.

E para finalizar, cun directo que arrasa e unha presenza que non pasa desapercibida, a banda galego-madrileña Caballo Prieto Azabache consolidou a súa reputación na escena musical nacional. Desde salas emblemáticas da Coruña ata o vibrante escenario de SXSW 2023 en Austin, TX, e o Festival Marvin Gateway en México, a súa enerxía contaxiosa ha capturado tanto a audiencias locais como internacionais. Con éxitos como "Cenicero" xunto a Joe Crepúsculo e "Magnate y Mecenas" con Xoel López, o seu primeiro álbum longo "Nº1", lanzado ao comezo de 2023, promete consolidar o seu lugar como creadores de melodías que definen estados de ánimo, onde cada canción é unha invitación para sentir, reflexionar e celebrar a complexidade da vida contemporánea.

Expourense, 2024-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-20251103.jpg) O cinema arxentino volve ser protagonista da programación da Filmoteca de Galicia, que este mes recibirá as cineastas María Aparicio e Lucía Seles con motivo das retrospectivas que lles dedica. Tamén visitará a sede da cinemateca da Xunta na Coruña o director do Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente, Javier Porta Fouz, para presentar unha copia restaurada de Nueve reinas, ademais de coñecidos nomes do noso audiovisual nas novas entregas da sección Off Galicia, do ciclo Espello Video Cine e da sesión inaugural do 20º aniversario do programa educativo Cinema en Curso. A nova carteleira mensual inclúe, así mesmo, varias proxeccións do Cormorán Film Fest, as últimas de Centenario Maurice Pialat e as películas que cada ano selecciona a Asociación Amigos da Ópera coincidindo coa súa Temporada Lírica, entre outras citas.
Foto de la tercera plana (dependencia-02.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello da Xunta aprobou hoxe a sinatura do convenio do nivel acordado para 2025 entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) destinado ao sistema de atención á dependencia das comunidades autónomas e que, no caso de Galicia, ascende a 105 millóns de euros sufragados entre o Estado e a Xunta, só tres máis que os asignados o exercicio pasado. Tal e como informou Rueda, Galicia recibirá algo máis de 52 millóns de euros, grazas a que a Xunta cumpre con éxito os obxectivos recollidos neste acordo: diminución da lista de agarda, mellora na calidade dos servizos, etc.

Notas

Neste 2025 está a celebrarse o Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuánticas, coincidindo co centenario da publicación, en 1925, dalgúns dos artigos que sentaron as bases da mecánica cuántica, coa conseguinte revolución da nosa comprensión do mundo natural. Co gallo desta efeméride, a Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, achégase desde perspectivas moi diversas a esta disciplina, esencial para o desenvolvemento da física moderna.
A aparición de mutacións fármaco resistentes constitúe un grave problema na loita contra os microorganismos patóxenos. Os métodos actuais, baseados na análise de resistencia xenotípica, non permiten predicir os cambios evolutivos, provocando a ineficacia dos tratamentos. Facer fronte á fármaco resistencia é o obxectivo do proxecto Preres, Predicting protein evolutionary trajectories toward resistance against antiretroviral treatments.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES