
A conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, Pilar Rojo Noguera, asinou cos alcaldes dos concellos de O Pino e Laracha, Manuel Taboada Vigo, e José Manuel López Varela respectivamente, sendos convenios para a construcción de gardarÃas nos devanditos municipios. Asà mesmo a titular de Familia acordou co alcalde de Ordes, Teodosio Martino, financiar o equipamento do centro de atención infantil desta localidade.
En O Pino, a ConsellerÃa de Familia aportará un total de 60.000 euros para a construcción do centro de atención á infancia que estará ubicado en Pedrouzo, na parroquia de Arca.
No caso de Laracha (A Coruña), a Xunta invertirá un total de 400.000 euros para a creación da escola infantil que se ubicará na rúa RÃo Anllóns.
Para acceder a esta financiación os concellos teñen que entregar a documentación e xustificación de pagos antes do 3 de novembro de 2005.
O acordo entre o alcalde de Ordes e a conselleira de Familia recolle que o departamento autonómico realizará unha achega de 18.000 euros ao municipio ordense para o equipamento da gardarÃa.
A CAÑIZA
A ConsellerÃa de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado realizará unha achega 364.000 euros ao concello de A Cañiza para financiar a construcción da gardarÃa nesta localidade, que terá un custo global de 459.000 euros. Asà se reflicte no convenio asinado entre a titular de Familia, Pilar Rojo, e o alcalde de A Cañiza, César Mera.
No documento asinado esta mañá en Santiago recóllese que a subvención levarase a cabo en tres anualidades. No 2005 corresponderanlle 150.000 euros, en 2006, 50.000, e en 2007 os restantes 164.000. O concello terá que enviar á Xunta as xustificacións correspondentes antes do 3 de novembro para facer efectiva a financiación.
O centro terá un horario amplo, polo menos de 10 horas diarias ininterrumpidas, durante 5 dÃas á semana e 11 meses ao ano.
CASTRO DE REI
A ConsellerÃa de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado financiará con 30.000 euros o equipamento da gardarÃa infantil do concello de Castro de Rei, segundo se recolle nun convenio asinado entre a conselleira de Familia, Pilar Rojo, e o alcalde da localidade lucense, Arturo Pereiro Vilariño.
No documento sinálase que o concello deberá presentar as xustificacións antes do 3 de novembro de 2005.
As instalacións terán un horario amplo, durante alomentos 10 horas diarias ininterrompidas, durante 5 dÃas á semana, 11 meses ao ano.
XINZO DE LIMIA E A PEROXA
A ConsellerÃa de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado financiará as obras de construcción dunha gardarÃa en Xinzo de Limia (Ourense). Para levar a cabo este proxecto a conselleira de Familia, Pilar Rojo, e o alcalde de Xinzo de Limia, Isaac Vila RodrÃguez, asinaron un convenio de colaboración no que se recolle que o departamento autonómico aportará 405.000 euros, divididos en tres exercicios: 150.000 euros no 2005, 100.000 no 2006 e os restantes 155.000 no 2007.
Para acollerse á financiación a administración municipal deberá entregar as xustificacións antes do 3 de novembro de 2005. Asà mesmo comprométese a abrir o centro nun amplo horario, polo menos 10 horas diarias ininterrompidas, durante cinco dÃas á semana, 11 meses ao ano.
No caso de A Peroxa, a titular de Familia, Pilar Rojo, e o alcalde da vila ourensana, Manuel Seoane, asinaron un acordo para a construcción dun centro de atención á infancia, que estará ubicado na Finca Villermá. Para este fin o departamento autonómico aportará 60.000 euros.
Galicia é a Comunidade autónoma que máis reduce a súa débeda no 3º trimestre deste ano 2025, en termos porcentuais, un 6,5%, o que supón 835 millóns de euros menos que no trimestre anterior. Deste xeito, a débeda pública de Galicia representa só 3,56% do total da débeda do conxunto das comunidades. No que se refire á débeda/PIB, en Galicia redúcese en 1,2 puntos, ata quedar no 14,2%, 6,2 puntos por baixo da media das Comunidades, que é de 20,4. Os datos dados a coñecer hoxe polo Banco de España poñen de manifesto que Galicia é a 2ª rexión que máis reduce a súa débeda/PIB e a 4ª de réxime común cun ratio máis baixo.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Executivo autonómico 'vai presentar alegacións' á proposta de planificación da rede de transporte eléctrica para o perÃodo 2025-2030 presentada polo Estado o pasado mes de outubro xa que 'apenas reserva un 2,8% do investimento total para Galicia'. Rueda resaltou que as comunidades necesitan 'infraestruturas eléctricas modernas e adaptadas á realidade actual do tecido industrial e ao crecemento previsto no futuro'. Nesta liña, lembrou que contar con estas instalacións 'é fundamental para o desenvolvemento económico das comunidades'.