
A actividade que terá lugar na Praza Horta do Seminario de Lugo en horario de 10.00 a 19.00 horas, ten como obxectivo potenciar as oportunidades laborais das persoas demandantes de emprego ou con ganas de mellorar a súa situación profesional, explican dende o Campus Terra da USC. O evento contará con espazos expositivos onde as empresas presentarán a súa oferta de Recursos Humanos e como desenvolver a carreira profesional dentro delas; unha zona de entrevistas rápidas ou Speed Dating, na que se realizarán entrevistas dunha duración de 15 minutos entre empresas e persoas candidatas; así como mesas redondas, charlas de empresas e talleres formativos vinculados ao mercado laboral. Tamén se contará cun espazo de ocio onde as persoas asistentes poderán desfrutar de food trucks e música.
Tal e como destaca Elvira López Mosquera, delegada do reitor para o Campus Terra, as persoas asistentes poderán participar en actividades que faciliten a súa incorporación ao mundo laboral, interactuando con persoal recrutador de empresas de distintos sectores, asistindo a conferencias e mesas redondas, potenciando as súas competencias e habilidades comunicativas a través dos obradoiros e presentando o seu talento nas entrevistas rápidas coas empresas.
Por outra banda, as empresas interesadas en participar cun espazo expositivo ou programar entrevistas de traballo con candidaturas de diversos perfís poden solicitalo enviando un mail ao enderezo electrónico [email protected] Para máis información pódese contactar co Equipo Técnico do Campus Terra en [email protected] e nos teléfonos 982822854 e 982822860.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.