
O obxectivo principal desta conferencia é promover o desenvolvemento e o novo coñecemento sobre conceptos de química analítica aplicados a nanociencia e nanotecnoloxía. Para iso, trataranse temas concretos relacionados con nano(bio)sensores; nanomateriais para a preparación de mostras; nanometroloxía analítica; detección, caracterización e cuantificación de nanomateriais; estratexias analíticas aplicadas que involucran nanomateriais e outras aplicacións nanotecnolóxicas e nanosistemas miniaturizados.
Previo ao congreso internacional, na mañá do 3 de setembro desenvolverase un curso relacionado con diferentes aspectos do campo. Ademais, está prevista a publicación en Microchimica Acta dunha colección temática con achegas seleccionadas do XI NyNA 2024 e haberá premios a pósters e comunicacións orais de diferentes revistas e empresas.
O comité organizador local está presidido pola profesora Pilar Bermejo, sendo vicepresidente Antonio Moreda e secretaria Elena Peña. O prazo de inscrición está aberto (ata o 24 de xuño a prezo reducido) e pódese xa enviar resumos, con data límite o 14 de maio de 2024.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.