Notas de prensa

A Cátedra Telefónica-UVigo celebrará unha xornada sobre talento e innovación na era da transformación dixital

A sociedade actual enfróntase a enormes desafíos, como o quentamento global, a sobreexplotación dos recursos, a desigualdade ou a seguridade, entre outros. A innovación e o talento son claves para atopar solucións disruptivas, sostibles e tecnolóxicas a estes retos e, neste contexto é prioritario aproveitar as oportunidades que brindan as novas tecnoloxías para impulsar a produtividade, aumentar as prestacións de produtos e servizos e mellorar e modernizar as xestións.

Precisamente para abordar estes desafíos, a Cátedra Telefónica da Universidade de Vigo celebrará o vindeiro 24 deste mes no edificio Citexvo unha xornada na que se analizará o papel do goberno, as empresas e as universidades “para conseguir egresados preparados para posicionarnos como líderes do mercado”, como destacan dende a organización. “O talento é a base do desenvolvemento empresarial e económico dunha rexión e é imprescindible para conseguir o crecemento e a competitividade necesaria para ser líderes nun mundo globalizado”.

Programa da xornada

A xornada será inaugurada polo reitor da UVigo, Manuel Reigosa, ás 09.30h. xunto co director da cátedra, José Cidrás, e abordará os retos do talento e a innovación na era da transformación dixital, coa participación tamén de representantes da Universidade, empresas e a administración. De seguido haberá outra intervención sobre a transformación dixital a través de solucións innovadoras con talento, incluíndo unha visita virtual ao espazo LaCabina.

Tras un descanso, terá lugar unha mesa de debate sobre as novas habilidades nas que é necesario formarse para potenciar o talento e a innovación, na que intervirá Natalia Caparrini, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade xunto con asociacións da universidade.

O evento pecharase coa entrega dos Premios da Cátedra Telefónica UVigo, tanto os coorespondentes ao Hack for Good 2022 como os Premios TFM Innovacion Sostenible 2021-2022. O peche correrá a cargo do reitor Manuel Reigosa e de Elena Rivo, conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Universidade de Vigo, 2023-10-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES