Notas de prensa

A UDC organiza o Foro Avanza, cunha feira de emprego, para poñer en contacto ao alumnado e empresas demandantes de persoal

A Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade da Universidade da Coruña organiza unha nova edición do Foro Avanza, para favorecer a empregabilidade das persoas tituladas da UDC. O Foro ten dúas partes, a primeira, máis formativa, terá lugar na Facultade de Economía e Empresa os días 24 e 25 de outubro. Desenvolveranse charlas e obradoiros relacionados coa empregabilidade.

Cóntase con relatores que falarán sobre como traballar en Europa, obradoiros con dinámicas de procesos de selección de persoal ou experiencias de inserción laboral que relatará antigo alumnado da UDC.

A segunda parte será o día 26 de outubro no Pavillón de Deportes, que acollerá a Feira de Emprego. Máis de corenta entidades asistirán para informar dos seus procesos de selección de persoal. Participan, entre outras, empresas como Acciona, AXA, BBVA, Deloitte, El Pulpo, Gadisa, Garrigues, Hijos de Rivera, Minsait (INDRA), Navantia, NH Hoteles, NTT Data ou PWC.

O alumnado de Grao que se inscriba no Foro Avanza obterá un crédito ECTS se asiste como mínimo ao 80% das actividades propostas no Foro durante os tres días. O prazo de inscrición remata o 23 de outubro.

Máis información e inscricións na páxina web:

https://www.udc.es/gl/emprego/formacion/obradoiros/

Universidade da Coruña (UDC), 2023-10-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES