
Despois do visionado da peza, haberá un debate coa participación da ferrolana e xornalista Laura Feal, protagonista do documental, que falará como é a sua vida entre Galicia e Senegal e como participa no proxecto que, xunto a súa parella, desenvolven coa mocidade de Gandiol (Senegal).
Este documental forma parte da Programación cultural de outono 4x3 da Deputación de A Coruña e presentarase da man da ONGD Ecos Do Sur, que moderará os debates posteriores ás proxeccións. Despois de Ferrol, o filme viaxará ata Coruña, Santiago, Ordes e Ribeira.
Sobre o documental
En 2006 un mozo senegalés, como tantos outros, deixou a súa terra natal a bordo dun caiuco, para perseguir o soño dunha vida mellor. Acadou as costas europeas con éxito, pero pronto decatouse da magnitude do cambio: a viaxe acababa de comezar. O verdadeiro desafío foi desenvolverse nunha terra estrana e chea de obstáculos. Mamadou Dia pasou no estado español nove anos, nos que escribiu un libro, 3052. Persiguiendo un sueño, no que plasmou a súa utopía de volver ao seu país e traballar para mudar as cousas. E así o fixo. En 2014 voltou, e xunto coa súa esposa, a ferrolana Laura Feal, foron materializando un espacio de creación, de pensamento e de desenvolvemento coa mocidade en Gandiol, a súa aldea natal no norte do país, que hoxe ten eco a nivel nacional e internacional.
O documentalista e músico senegalés, Saliou Waa Gendoum Sarr interesouse nesta historia porque reflexa a complexidade das migracións, a maxia dos encontros. Co seu ollar crítico e poético, Sarr acompaña a Mamadou pero tamén a Laura e outras persoas durante cinco anos nas súas pesquisas máis profundas, indagando nas situacións complexas que derivan da mobilidade. Doxandeem é unha palabra en wolof que significa persoa errante, camiñante. A obra é un canto á liberdade de movemento e o descubrimento dunha África que se nos presenta lonxana, pero coa que estamos estreitamente ligados e na que se presentan propostas inspiradoras para o mundo global.
ONG Ecos do Sur
Ecos do Sur traballa para que a convivencia entre persoas de orixes diversas e con realidades distintas frutifique nunha sociedade máis próspera, máis xusta e orgullosa da súa diversidade. Por iso, desde 1991 loita contra a exclusión social especialmente vinculada ao acceso a dereitos de cidadanía e participación. Para isto, arma un potente equipo que inclúe a profesionais da sociología, a psicoloxía, o dereito, a educación e a integración social, a orientación laboral, a mediación intercultural, o traballo social ou o xornalismo: algúns dos mellores especialistas en xestión da interculturalidad de Galicia están comprometidos con Ecos do Sur e, xuntos, fan realidade innovadores proxectos de transformación social.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.