
Entre elas, especialistas e representantes de universidades, centros de investigación, armadas, armadores, estaleiros, portos, enxeñarías, industria, sociedades de clasificación e outras autoridades do sector que debaterán sobre a enxeñaría naval, o seu futuro e o seu impacto tanto na sociedade como no planeta.
Durante o segundo día de congreso, o mércores 4 de outubro, terá lugar o cumio de Economía Azul no que participarán diversos representantes dos clústers marítimos. A clausura do mesmo rematará cunha cea de gala e coa entrega da primeira edición dos Premios Iberoamericanos de Economía Azul nos Reales Acázares de Sevilla.
No marco do IV Congreso Iberoamericano de Enxeñaría Naval, a Armada ofrecerá un acompañamento especial coa presenza do patrulleiro de altura Vigía que remontará as augas do río Guadalquivir. É un dos catro patrulleiros de altura da Armada que compoñen a clase Serviola.
Campus de Ferrol
Por último, o xoves 5 de outubro, o congreso iniciará a súa extensión a Ferrol onde os congresistas inscritos poderán visitar, xa o venres 6 de outubro, o Campus Industrial da Universidade da Coruña, a factoría de Navantia, o Museo de Construción Naval e o Estaleiro de Fene, instalacións nas que terán diversas mesas de traballo
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.