
David Otero fará o propio de 20:00 a 21:00 horas, seguido de Iván Ferreiro, de 21:30 a 22:45 horas, Taburete de 23:15 a 00:30 horas, Mägo de Oz de 1:00 a 2:00 e pechará DJ Nano de 2:15 a 3:15 horas. Entre concertoe concerto, música electrónica a cargo dos deejays.
Para o sábado, a grella de concertos será a seguinte: Furious Monkey House de 17:00 a 17:50 horas, Veintiuno de 18:15 a 19:05 horas, Pignoise de 19:30 a 20:30 horas, Marlon de 20:55 a 21:55 horas, La Casa Azul de 22:20 a 23:35 horas, Dorian de 00:00 a 1:15 horas e Michenlo poñerá o broche final a esta primeira edición cun show de 1:30 a 2:45 horas. Entre concertoe concerto, música electrónica a cargo dos deejays.
En resumidas contas:
Venres 8 de setembro
Despistaos (17:00-18:00 horas)
Miss Caffeína (18:30 19:30 horas)
David Otero (20:00 21:00 horas)
Iván Ferreiro (21:30 22:45 horas)
Taburete (23:15 00:30 horas)
Mägo de Oz (1:00 2:00 horas)
DJ Nano (2:15 3:15 horas)
Sábado 9 de setembro
FMH (17:00 17:50 horas)
Veintiuno (18:15 19:05 horas)
Pignoise (19:30 20:30 horas)
Marlon (20:55 21:55 horas)
La Casa Azul (22:20 23:35 horas)
Dorian (00:00 1:15 horas)
Michenlo (1:30 2:45 horas)
O Recorda Fest será unha cita inesquecible por diferentes motivos; un dos que o fai único é lograr xuntar, por primeira vez, ós principais DJs de referencia galegos, residentes nas principais salas de festas da comunidade autónoma.
Farán bailar ó público na Coruña os deejays: Adrián Gold, Bea Fernandes, Carlos Barral, Chimeno, David Ribeiro, Joao Ribeiro, Jorge Álvarez, Mark Deluxe, Toni Seijas, Tuxiro y Víctor Rivas.
As entradas poden adquirirse no enderezo web do festival https://recordafest.es. Os horarios daranse a coñecer o vindeiro luns, 28 de agosto.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.