
A sesión inaugural arrincará ás 10 horas do xoves 28 e dará paso a dúas xornadas de relatorios que afondarán en economÃa dos coidados, xénero, saúde mental, polÃticas públicas, sexualidade, co-housing, traballo doméstico, maternidades en cuestión, ou pedagoxÃa feminista ecoanimal, entre outros temas, da man de persoal docente e investigador da USC e das universidades de Granada, Sevilla e Estremadura.
Esta actividade, cuxa inscrición pode realizarse ata o dÃa 28 de setembro a través dun formulario en liña, organÃzase ao abeiro do convenio de colaboración coa SecretarÃa Xeral da Igualdade para o desenvolvemento de actividades do Plan Corresponsables en Galicia, financiado con fondos do Ministerio de Igualdade.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade.