
Este recoñecemento foi posible grazas ao traballo de campo desenvolvido polo persoal do OARMA e do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), no que tamén participa a USC. A sesión de divulgación organizada polo Concello de Lalín, será conducida polo director do Observatorio, José Ángel Docobo Durántez, e polo investigador Pedro Pablo Campo e incluirá observacións a simple vista e observacións telescópicas de obxectos como estrelas dobres, cúmulos estelares, nebulosas e mesmo do planeta Saturno. Desenvolverase a partir das 22.00 horas no alto de Rodelas, un enclave situado na parroquia lalinense de Maceira que ofrece unha espectacular panorámica da Vía Láctea a simple vista.
No transcurso do mes están previstas outras cinco sesións de divulgación astronómica que contarán tamén coa participación do investigador Xabier Pérez Couto. Terán lugar no alto de San Bartolomeu do concello de Santa Comba, o venres 18; en Allariz, o luns 21; no Observatorio da vila en Lalín o mércores 23; no paseo de Silgar de Sanxenxo o xoves 24; e en Rianxo o venres 25 de agosto. Esta última sesión faise coincidir coa inauguración da mostra fotográfica Xoias do Ceo de Francisco Javier Cerdán Núñez.
A exposición, que inclúe imaxes de estrelas, estrelas múltiples, cúmulos estelares, distintas nebulosas pertencentes á Vía Láctea e fotografías doutras cinco galaxias diferentes, conta con textos explicativos elaborados polo persoal do OARMA e poderá ser visitada durante todo o mes de setembro.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.