Notas de prensa

SonRías Baixas pecha con record de asistentes o seu vixésimo aniversario

O 20º aniversario do SonRías Baixas, celebrado os días 2, 3, 4 e 5 de agosto no recinto Multiusos da Estacada de Bueu, finalizou con récord histórico de asistencia e valoracións positivas sobre o seu desenvolvememnto por parte tanto do público como dos artistas implicados. O festival continúa un ano más siendo una de las citas de referencia del verano en las Rías Baixas. As xornadas, que nesta edición engadiron unha festa de presentación o mércores para dar a benvida aos asistentes, desarrollouse con total normalidade e sen incidentes.

Parece que o gran formato sentoulle ben a un festival que medrou exponencialmente e a todos os niveis dende os sus inicios en 2003. Para o codirector do festival, Jordi Lauren, esta edición "foi especial porque xamáis houbera pensado cando iniciamos o proxecto, de maneira modesta, que iamos cumprir vinte anos e profesionalizarnos a este nivel", afirma Jordi Lauren, CEO de PlayPlan Cultural – organizadora do evento -. "É todo un logro para nós ser parte do organigrama cultural da zona, reivindicando sempre o poder da música como nexo de unión. No SonRías Baixas estamos moi contentos de deixar patente que este tipo de eventos se poden celebrar ofrecendo unha experiencia de calidade aos asistentes, sostible e coidando tanto a oferta musical como a experiencia global de todos os que se unen ano tras ano".

O espírito SonRías aposta por ofrecer ao seu público unha experiencia musical completa e turística no corazón das Rías Baixas galegas, con tres xornadas cheas de potentes directos, praia, gastronomía e rodeados de natureza. Un marco de convivencia máxico e inigualable que aúna artistas, público e tamén aos habitantes da comarca. A celebración do festival supuxo este ano a contratación de 22 bandas e os seus respectivos equipos, así como multitude de acordos económicos de proveedores circundates.

O impacto económico na zona alcanzou este ano uns 1'5 millóns de euros. “Para nós é moi importante manter o festival fiel á súa esencia e no lugar que o viu nacer e medrar”, expón Lauren. O 20º aniversario do SonRías Baixas xerou 540 empregos directos e contou con empresas de proximidade para favorecer o emprego no territorio e por en valor produtos de km 0. O seu desenvolvemento non só beneficiou ao texido turístico e hosteleiro de Bueu sino tamén ás localidades da contorna da vila mariñeira.

O número de asistentes desta edición ascende a 22.400 persoas, récord histórico nos seus vinte anos de celebración. Aínda que ano tras ano a vocación interxeracional do festival queda máis patente, cabe destacar como dato positivo que o público continúa sendo maioritariamente feminino, e moi xove. Esta última cifra deixa patente que Sonrías Baixas é a primera experiencia festivaleira para moitos deles, non obstante só en 2023 acreditáronse mis de 300 menores e a cifra de asistencia da franxa de idade que vai dos 18 ós 30 anos ascende ao 40%.

Macaco por Aldara Zarraoa

Onte pola noite a última xornada estivo marcada polo ambiente festivo e de celebración. Xa dende pola mañá e durante a sesión vermú, un clásico xa de nosa programación e cun claro acento galego, Lamatumbá deixaron claro que voltaron para quedar e Ortiga e Pili Pampín puxeron a bailar a todo o persoal recuperando temas clásicos que todo local coñece reversionados en clave de autotune e con bases electrónicas.

La Pegatina, vellos coñecidos de Bueu e na súa sexta visita, contaxiaron a un recinto cheo da súa enerxía grazas a un show cheo de momentos memorables e moito confeti, coa aparición de Macaco incluida. O catalán festexou o seu aniversario sobre o escenario e tampouco defraudou cun show no que, seguindo a súa filosofía vital, instou a vivir de forma pacífica e fixándonos só nas cousas importantes. Arde Bogotá, pola súa parte, demostraron co seu contudente set no Escenario Fest Galicia por que son unha das bandas das que todo o mundo fala e, sen dúbida, unha das promesas do panorama indie nacional. Os bosnios Dubioza Kolektiv fixéronnos bailar na súa ska-rave de conciencia social na que ata tivo cabida unha reinvidicación eurovisiva.

Os encargados de inaugurar o Escenario Rías Baixas foron Lamontagne & PicoAmperio, e pouco despois Grande Amore reafirmouse como un dos talentos galegos máis singulares dos últimos tempos. Coa súa mistura de pop-punk existencialista, conectou co lado máis visceral do público. María de Juan derrochou arte e raíz na súa actuación e Cool Nenas repetiron como conbvidadas sorpresa coa súa contaxiosa performance chea de temazos. O fin de fiesta correu a cargo de Ninhodelosrecaos, nun DJ set que, a pesar das altas horas, ayudou a pechar este vinte aniversario do festival por todo o alto.

SonRías Baixas 2023 é un festival promovido pola promotora PlayPlan Cultural. Conta coa colaboración institucional do Concello de Bueu, Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas, RíasBaixas Fest e Xunta de Galicia a través do Xacobeo e do programa FEST Galicia. O evento tamén conta co patrocinio de El Ãguila e Johnnie Walker.

Festival Sonrías Baixas, 2023-08-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260619-xunta.JPG) O programa formativo Medrando Xuntas permitiu que as mulleres participantes traballasen habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomentou a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se deron a coñecer proxectos que están a transformar a economía. En primeiro lugar, Medrando Xuntas contou cun programa formativo para reforzar a súa participación nas entidades de economía social. En segundo lugar, a formación para directivas estaba dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara ao liderado.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presentou a súa tempada 2026/27, 'Memoria', unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da idea da memoria, a nova programación reúne grandes obras do repertorio sinfónico e algunhas das voces máis destacadas da creación actual.
A sala Normal acolleu a presentación da publicación 'De Esmelle a Ãtaca', unha reflexión de Emma Pedreira e María Besteiros sobre a pegada de Begoña Caamaño na escritura mítica feminista, editada polo Servizo de Publicacións da institución académica. O acto, protagonizado por unha das autoras, María Besteiros, foi aberto pola vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña, Cristina Naya.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES