Notas de prensa

Pedro Soler e Paco Audije avogan pola defensa dos medios públicos no Centro Internacional de Prensa de Galicia

O acto titulado 'A defensa dos medios públicos e o pluralismo. Un dereito cidadán', estivo presentado polo presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, Luis Menéndez, e contou con Pedro Soler Rojas (xornalista, consultor e formador en competencias dixitais e comunicación) e Paco Audije (xornalista especializado en información internacional no EFJ Broadcating expert group).

O pasado luns ás 19:30 horas, o Centro Internacional de Prensa de Galicia acolleu un acto titulado «A defensa dos medios públicos e o pluralismo. Un dereito cidadán», que estivo presentado polo presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, Luis Menéndez, e que contou coa intervención de Pedro Soler Rojas e Paco Audije, fundadores de Teledetodos.

Pedro Soler, xornalista, consultor e formador en competencias dixitais e comunicación, con experiencia relacionada coa radio e a televisión, definiu, ao comezo da súa intervención, aos medios de comunicación público como «un piar esencial da democracia». Aproveitou tamén para criticar que os medios «caeron na trampa de ceder á tentación das audiencias».

Pola súa parte, Paco Audije, xornalista especializado en información internacional no EFJ Broadcating expert group, fixo fincapé no seu discurso á financiación dos medios públicos, comparándoas co resto de países europeos e co panorama internacional en xeral.

Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, 2023-07-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES