Notas de prensa

Chega á Coruña a segunda edición de Cinema Rabudo, a mostra galega de audiovisual inconformista

O Fórum Metropolitano da Coruña acollerá os días 1, 2 e 3 de decembro a segunda edición de Cinema Rabudo, a mostra galega de audiovisual inconformista que naceu no outono de 2021 co obxectivo de xerar un espazo de encontro para o audiovisual crítico e incitar o debate e a reflexión sobre problemáticas sociais de actualidade. Na súa segunda edición, o Cinema Rabudo mantén a aposta por proxectar documentais sociais, pero de alta factura técnica.

Feminismos, migracións e refuxio ou a situacion do Sáhara occidental son algúns dos temas que se tratan nas cinco pezas que se proxectarán a primeira semana de decembro no Forum Metropolitano da Coruña.

A Mostra, organizada por Agareso –Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social– ademais da proxección dos filmes, tamén contará coa participación presencial da maioría das autoras e autores das obras, con quen o público terá a oportunidade de charlar ao rematar as pezas.

O primeiro día da Mostra, xoves 1 de decembro, abrirá o programa a proxección de Limbo, la promesa olvidada. Un documental sobre o maior territorio do planeta aínda por descolonizar: o Sáhara Occidental.

O venres 2 proxectarase o documental Nación, que retrata un grupo de ex-traballadoras da fábrica galega de loza Pontesa, que lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipacion económica e a súa loita sindical.

A terceira e última xornada de proxeccións, sábado 3, ten dúas sesións. Ás 17:30h é a quenda das curtas documentais Las Desheredadas e Si ka badu, ka ta biradu. O primeiro aborda a problemática das temporeiras de orixe marroquino que chegan todos os anos a traballar nos campos de cultivo de Huelva, moitas veces baxo condicións de semi-esclavitude. O segundo retrata o papel das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago, a ambos os dous lados da corrente migratoria.

Pechará a II Mostra Galega de Audiovisual Inconformista, o sábado 3 as 20h, a longa documental El Retorno: la vida después del ISIS, a historia dun grupo de mulleres occidentales atrapadas polo seu pasado como membros do ISIS. A súa partida encheu titulares de todo o mundo; agora, a súa loita polo retorno volveu a invadilos. Demonizadas polos medios de comunicación de todo o mundo, contan os seus desgarradoras historias por primeira vez neste documental de acceso único.

PROGRAMA COMPLETO

Xoves 1 de decembro. 20h.
Limbo, la promesa olvidada (España, 51’). Un documental sobre o maior territorio do planeta aínda por descolonizar: o Sáhara Occidental.

Venres 2 de decembro. 20h.
Nación (España, 92’). Un documental que retrata un grupo de ex-traballadoras da fábrica galega de loza Pontesa, que lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipacion económica e a súa loita sindical.

Sábado 3 de decembro. 17:30h.
Las Desheredadas (España, 19). Un documental que aborda a situación de miles de mulleres que chegan a España cada ano a traballar nos campos de cultivo de Huelva. Temporeras de orixe marroquí contratadas baixo a Orde Gecco, a través do Goberno de España, que sofren constantes abusos laborais e sexuais.

Si ka badu, ka ta biradu (España, 55). Documental que retrata o papel das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago, a ambos os dous lados da corrente migratoria.

Sábado 3 de decembro. 20h.
El Retorno: la vida después del ISIS (España, 90’). Tras o seu aclamado documental Comandante Arian, Alba Sotorra regresa ao Kurdistán para seguir a un grupo de mulleres occidentais atrapadas polo seu pasado como membros do ISIS. A súa partida encheu titulares de todo o mundo; agora, a súa loita polo retorno volveu a invadilos. Demonizadas polos medios de comunicación de todo o mundo, contan os seus desgarradoras historias por primeira vez neste documental de acceso único.

Cinema Rabudo, 2022-11-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-soldador.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, “un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas”, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Foto de la tercera plana (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES