
Todo isto despréndese do último ránking sobre as universidades españolas que vén de publicar a Fundación CYD (Coñecemento e Desenvolvemento) e no que se recollen datos do conxunto de España, por comunidades e universidades. De feito, na elaboración deste estudo está incluÃdos datos de 79 universidades públicas e privadas ao tempo que se analizan resultados de 28 ámbitos de coñecemento e 3.052 titulacións.
O citado traballo, que constitúe unha valiosa fonte de información sobre as caracterÃsticas máis salientables do sistema universitario español, sitúa a institución académica compostelá entre as universidades españolas con máis publicacións altamente citadas e con máis patentes por profesor e investigacións citadas en patentes e tamén entre as que captan máis ingresos por licencias. Estes tres parámetros empregados pola Fundación CyD para a elaboración do seu ránking sobre a universidade española proban o compromiso e o bo facer da USC en canto a transferencia do coñecemento á sociedade se refire.
Investigación
O eido da investigación e outro dos campos nos que a USC ocupa un lugar preferente no último informe que vén de publicar a Fundación CyD. De feito, no último ránking que vén de publicar a Fundación CyD, a USC figura entre o grupo das universidades españolas que presenta mellores rendementos no que se refire a captación e liquidación de fondos externos para o desenvolvemento de actividades de I+D+i non ligados á transferencias correntes do Goberno e a media de publicacións por profesor son outros dos Ãtems analizados nos que destaca a institución académica compostelá.
No capÃtulo correspondente a medir a taxa de éxito nos procesos de ensinanza e aprendizaxe, o caso da USC sitúase no grupo de cabeza das universidades españolas cuxo alumnado que completa programas de posgrao ou mestrado de dous anos de duración remata este perÃodo de formación con taxas de éxito máis altas.
O estudo que cada ano publica a Fundación CYD constitúe unha ferramenta útil para comparar a situación das universidades en función de determinadas dimensións ou parámetros: ensinanza e aprendizaxe, investigación, transferencia de coñecemento, orientación internacional e contribución ao desenvolvemento rexional. Alén desta sorte de barómetro universitario, este informe tamén inclúe na súa última edición unha análise sobre a adaptación do sistema universitario español á dixitalización da ensinanza, asà como respecto das disciplinas STEM e sobre a evolución da muller na carreira académica.
Respecto das disciplinas STEM, o informe da Fundación CyD cifra no 36% a presenza de mulleres en titulacións do ámbito das enxeñarÃas, unha porcentaxe sensiblemente inferior á media de alumnas matriculadas en estudos universitarios, dado que representan o 56% do total do estudantado.
A Fundación CyD tamén destaca na última edición do seu estudo a progresiva adaptación das universidades española á dixitalización tras sortear a pandemia derivada da COVID-19. De feito, o ráking CyD cifra no 32% a porcentaxe de aprendizaxe hÃbrida nos centros universitarios españois, nos que antes de marzo de 2020 esta media apenas era dun 7% e os exames en liña representaban o 4% das probas de avaliación.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.