
Isto sería así en todas as etapas, salvo nas ensinanzas de réxime especial (que rematarían o 30 de xuño) e o 2º curso de Bacharelato (que se axustaría ao calendario da ABAU). Este cambio prodúcese tras a eliminación na nova lei educativa dos exames de recuperación en ESO.
Os períodos de vacacións escolares irían do día 23 de decembro ao 6 de xaneiro, ambos inclusive, no Nadal; os días 20, 21 e 22 de febreiro para o Entroido; e desde o día 3 ao 10 de abril, ambos incluídos, para a Semana Santa.
Afianzamento de competencias
O Goberno galego mantén para o vindeiro curso unha sesión de avaliación previa á avaliación final en ESO, que se celebraría a partir do 5 de xuño e que terá como obxectivo favorecer o afianzamento de contidos e competencias entre o alumnado.
Tras este período de reforzo, no que as direccións dos centros poderán adaptar o horario das clases para ofrecer o mellor servizo e apoio ao alumnado que máis o precisa, a avaliación final da etapa desenvolveríase a partir do 22 de xuño. Esta adaptación de horarios será aplicable tamén aos docentes de Bacharelato e FP.
Período de adaptación
No referido ao período de adaptación, deséñase un modelo axustado ás necesidades das familias. Desta forma, os centros poderán optar por unha incorporación gradual do alumnado de 4º de Infantil, que non se prolongará máis aló do 16 de setembro.
Deberán ter en conta a escolarización previa do alumnado na etapa 0-3 anos, a existencia de irmáns ou irmás no centro e as necesidades familiares. Garantirase, en todo caso, atención a tempo completo do alumnado cuxas familias así o soliciten.
Deseño das programacións
Coa finalidade de facilitar o deseño das programacións nos cursos nos que se implanta a LOMLOE a partir de setembro (segundo ciclo de Infantil, 1º, 3º e 5º cursos de Primaria, 1º e 3º de ESO e 1º de Bacharelato), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade porá a disposición do profesorado unha aplicación informática específica.
Nesta ferramenta, os docentes atoparán o currículo precargado, así como un formato establecido que axilizará o seu traballo. Así mesmo, a Inspección educativa poderá flexibilizar a entrega destas programacións, tendo en conta o retraso na publicación dos documentos de base por parte do Goberno central.
A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha 'Aquí Sabemos', unha nova identidade destinada a dar maior visibilidade aos produtos agroalimentarios galegos que contan con distintivos de calidade diferenciada. A iniciativa agrupa baixo unha mesma imaxe as denominacións de orixe (DO), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), a Artesanía Alimentaria e a Agricultura Ecolóxica, co propósito de facilitar o seu recoñecemento por parte dos consumidores e reforzar a súa presenza no mercado. A nova marca nace como unha ferramenta común de promoción, que mantén os nomes de cada certificación, así como as súas características e garantías específicas, integrándose nunha identidade compartida que pretende amosar a diversidade e riqueza do sector agroalimentario galego.
A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame, contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana.