Notas de prensa

A USC impulsa a agricultura e o medio ambiente como motores de desenvolvemento en América Latina

O doutoramento Agricultura e Medio Ambiente para o Desenvolvemento, un programa coordinado polo catedrático da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra Agustín Merino e no que tamén participa a Universidade de Lisboa, impulsa desde hai máis dun lustro iniciativas locais de desenvolvemento orientadas a optimizar o aproveitamento de recursos agrarios e medioambientais en países de América Latina e Ãfrica, a través da formación e da mellora da formación e da capitación investigadora.

No seu afán de consolidar a conservación e o aproveitamento dos recursos naturais como palestras de desenvolvemento económico e social e logo de máis dun de experiencia académica durante o que construíron un ecosistema de cooperación internacional, unha delegación de docentes investigadores da USC formada por los catedráticos da USC no Campus Terra Agustín Merino e Ãngeles Romero, así como polo tamén docente no Campus de Santiago José Carlos Otero, veñen de completar no mes de xaneiro unha estadía en Ecuador, onde mantiveron encontros con responsables académicos e gubernamentais do país, así como con investigadores da Universidade Técnica do Norte e da Universidade Católica Pontificia de Ecuador.

O encontro interuniversitario celebrado na Universidade de Espoch, na provincia ecuatoriana de Rioamba, serviu de colofón da actividade desenvolvida durante varias semanas polos profesores da USC. Durante este período, Merino, Romero e Otero impartiron clases e conferencias sobre temáticas ligadas cos ámbitos científicos nos que realizan a súa carreira investigadora, ao tempo que mantiveron numerosas reunións de traballo con profesorado e posgraduados e investigadores en formación que están a completar a súa tese de doutoramento ao abeiro do programa en Agricultura, Medio Ambiente e Desenvolvemento.

Ademais da actividade formativa e de divulgación desenvolvida na Universidade de Espoch, en Riobamba, os profesores Merino, Romero e Otero tamén visitaron outras institucións académicas do país coa pretensión de avanzar na implicación destas universidades neste programa de doutoramento internacional co nomeamento de coordinadores en cada centro e dun responsable estatal, que será o investigador do Instituto Nacional do Investigacións Agropecuarias (INAP) de Ecuador César Tapias.

20 universidades

Arroupado por preto de 20 universidades e centros de investigación de países de fala española e portuguesa, tales como Brasil, Guatemala, Ecuador, Panamá, España, Honduras, México, Paraguai, Costa Rica, Perú, Portugal e Mozambique, o coordinador deste doutoramento internacional Agricultura e Medio Ambiente para o Desenvolvemento reiterou en Ecuador a transcendencia internacional dun programa de posgrao que xa completou a formación de máis de 15 doutores.

Universidade de Santiago de Compostela, 2022-02-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES