Notas de prensa

Os rapaces de 5 a 11 anos disporán a partir do día sete deste mes dun segundo test de antíxenos gratuíto

A Xunta de Galicia segue coa busca activa de casos nun rango de idade sen pauta completa e, así, o Executivo galego ofrecerá un segundo test gratuíto para os rapaces de 5 a 11 anos, que poderase recoller coa tarxeta sanitaria nas farmacias adheridas a esta iniciativa. Este segundo test estará dispoñible a partir do día sete de xaneiro.

Os conselleiros de Sanidade e de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña e Román Rodríguez González, participaron hoxe, por videoconferencia, no Pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, conxunto coa Conferencia Sectorial de Educación e a Conferencia Xeral de Política Universitaria. Na reunión, a Xunta de Galicia a través dos seus conselleiros, manifestaron a súa preocupación polo hipotético cambio na vixilancia e xestión dos casos positivos de nenos e nenas.

Na rolda de prensa posterior á xuntanza, o conselleiro de Sanidade anunciou que a Xunta de Galicia segue coa busca activa de casos nun rango de idade sen pauta completa e, así, o Executivo galego ofrecerá un segundo test gratuíto para os rapaces de 5 a 11 anos, que poderase recoller coa tarxeta sanitaria nas farmacias adheridas a esta iniciativa. Este segundo test estará dispoñible a partir do día sete de xaneiro.

A Xunta de Galicia non ten dúbida que os centros escolares son seguros, e así deben seguir, para o que é necesario avanzar na inmunización da comunidade escolar, xa que a volta ao colexio o día 10 será presencial. Ao respecto, o Goberno galego comezou hoxe a administrar máis de 36.000 doses contra a covid á poboación con idades comprendidas entre os sete e os nove anos.
O conselleiro de Sanidade manifestou que Galicia segue a ser líder no proceso de vacinación e, no que respecta á poboación pediátrica, o 38,45% dos rapaces entre 9 e 11 anos xa teñen unha dose da vacina, uns 56.700 rapaces.

García Comesaña considera moi importante avanzar na vacinación infantil dado que a incidencia acumulada de menores de 11 anos supera os 2.200 casos por 100.000 habitantes. O responsable sanitario tamén destacou o bo ritmo de vacinación no colectivo dos docentes, remarcando que urxe poñer a terceira dose no profesorado menor de 40 anos, polo que pide ao Ministerio de Sanidade que avance na estratexia de vacinación.

Médicos xubilados e técnicos de saúde para reforzar a atención primaria

Respecto da incorporación de médicos xubilados para facer fronte á covid, o conselleiro de Sanidade sinalou que son 86 os profesionais que amosaron interese en reincorporarse ao sistema público de saúde para axudar en labores administrativas e de vixilancia na atención primaria. Por áreas sanitarias, 9 son da de Santiago e Barbanza; 13 de de Lugo, A Mariña e Monforte; 14 da de Pontevedra e O Salnés; 20 da de Vigo; 19 da de A Coruña e Cee; 6 da de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; e 5 da de Ferrol.

Tamén anunciou García Comesaña que o Diario Oficial de Galicia publicará, o vindeiro luns, o inicio do prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios de temporais de técnico de saúde de atención primaria do sistema público de saúde de Galicia. Estes técnicos farán funcións de apoio sanitario nos ámbitos da xestión da incapacidade temporal, prevención da enfermidade e outros que demanden as necesidades de atención sanitaria e a protección da saúde.

Respecto da expedición de certificados de vacinación a persoas que procedan doutros países non pertencentes á Unión Europea, García Comesaña referiu que debe ser o Goberno de España, competente en sanidade exterior, quen estableza un procedemento oficial e normalizado para corroborar a veracidade dos certificados de vacinación estranxeiros e autorizar, se procede, a emisión do certificado europeo homologable.

Sergas, 2022-01-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Ãrea TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES