Notas de prensa

A Cátedra da Memoria Histórica da UDC organiza a xornada 'As Voces da Transición en Galicia'

A Cátedra da Memoria Histórica da UDC en colaboración co Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación e a Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña organiza as xornadas virtuais “As Voces da Transición en Galicia: feminismo, ecoloxismo e asociacionismo”, os días 20 e 21 deste mes. Voltar a vista atrás para achegala ao presente é o que se pretende con estas xornadas, que recollerán o tecido de parte central do activismo social na Transición a través de voces autorizadas.

Para isto contarase coas experiencias de protagonistas desde o feminismo, o ecoloxismo e o asociacionismo, no marco da clandestinidade predemocrática até a súa xerminación de maneira visible ou formal (e legal), hai xa 46 anos.

A participación é de balde e aberta a todos os públicos.

Porgrama:

Mércores, 20

16:30h. Inauguración das Xornadas. Raquel Martínez Buján, decana da Facultade de Socioloxía.

17:00h. Conferencia "Entre a transición e a ruptura democrática. O caso galego (1972-1981)”. Uxío Breogán Diéguez, director da Cátedra da Memoria Histórica da UDC.

18:00h. Presentación da Cátedra da Memoria Histórica da UDC. Montserrat Golías, coordinadora de actividades da Cátedra.

Xoves 21

9:15h. Presentación das mesas redondas. Uxío Breogán Diéguez, director da Cátedra da Memoria Histórica da UDC.

9:30h. Voces desde o feminismo. Modera: Noelia Teijeiro, socióloga, especialista en xénero e igualdade. Participan: Nanina Santos, cofundadora de Andaina; Carmen Blanco, escritora e profesora da USC.

12:00h. Voces desde o asociacionismo. Modera: Carlos Diéguez, historiador e membro da Cátedra da Memoria Histórica da UDC. Participan: María Xosé Bravo, ex-presidenta da A.C. Alexandre Bóveda; Luis Conçales Blasco, cofundador da A.C. O Galo; Henrique Harguindey, promotor da A.C. O Facho.

16:30h. Voces desde o ecoloxismo. Modera: Elvira Santiago, profesora da UDC, experta en medio ambiente. Participan: Adela Clorinda Figueroa, bióloga, cofundadora e expresidenta de Adega; Xan Rodríguez Silvar, biólogo e cofundador do Grupo Ornitolóxico Galego e da Sociedade Galega de Historia Natural.

19:00h. Conclusións e clausura.

Universidade da Coruña, 2021-10-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES