Notas de prensa

A Xunta concede o selo Galicia Calidade a Finca Míllara, que certifica a súa aposta pola innnovación

A Xunta de Galicia, a través de Galicia Calidade, entregou hoxe o diploma de certificación do selo Galicia Calidade á adega Finca Míllara, que pon en valor o esforzo pola elaboración de viños de calidade. Coa incorporación de Finca Míllara, situada en Pantón (Lugo), no corazón da Ribeira Sacra, suma 18 adegas certificadas co selo de garantía Galicia Calidade, ás que hai que engadir outras 120 empresas de outros sectores.

No acto de entrega do certificado —ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias—, Manuel Heredia, presidente de Galicia Calidade e director xeral de Comercio e Consumo da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, salientou a aposta de Finca Míllara polos “viños de calidade, mediante a produción sustentable”, sen herbicidas e vendima manual para obter o mellor dunhas viñas situadas en ladeiras cunha pendente do 50%.

Coa incorporación de Finca Míllara, situada en Pantón (Lugo), no corazón da Ribeira Sacra, suma 18 adegas certificadas co selo de garantía Galicia Calidade, ás que hai que engadir outras 120 empresas de outros sectores como a alimentación, a hostalería, o lácteo ou a xoiaría, entre outros. En total, son máis de 400 produtos e servizos avalados con este certificado.

Finca Míllara é un proxecto empresarial que abrangue tamén a restauración, a produción de aceite de oliva ou as conservas. Naceu no ano 1999, cando os seus promotores decidiron recuperar as antigas plantacións e comprar viñas aos viticultores do contorno, creando dese xeito unha das maiores fincas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Na actualidade conta con 21 hectáreas de cepas, situadas en ladeiras de lousa cun desnivel do ata o 50%. Producen 70.000 botellas utilizando sempre uvas de produción propia e plantando novas cepas para incrementar a súa capacidade.

Galicia Calidade certifica os produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima e o seu proceso de produción, cumpran os requisitos establecidos polo selo de garantía.

Finca Míllara, 2021-10-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES