Notas de prensa

'Agasalla Coruña', unha campaña de impulso a hoteis, hostalaría e comercio da Coruña

Tivo lugar a presentación do proxecto Agasalla Coruña, promovido por Turismo da Coruña e na que estiveron presentes o concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá Juan Ignacio Borrego; a concelleira de Comercio, Mercados e Barrios Diana Sobral; Lanzada Calatayud, xerenta do Consorcio de Turismo da Coruña e Richard Huerta, presidente de Hospeco.

Unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar e apoiar o turismo, hostalaría e comercio da Coruña e poñer en valor os negocios e pequenas empresas locais durante este Nadal, que dá aos coruñeses a oportunidade de regalar produtos da súa cidade nestas datas á vez que apoian aos seus veciños.

Agasalla Coruña (www.agasallacoruna.com) é un escaparate en liña ao dispor dos comerciantes e hostaleiros da cidade dedicada á venda de experiencias de turismo, comercio e gastronomía na Coruña. A través deste site, o usuario pode comprar bonos experiencias para regalar, tanto en formato individual como en experiencias cruzadas, para fomentar as compras do Nadal no comercio local e de proximidade.

Preto de 80 negocios coruñeses están presentes nesta web que está clasificada en diferentes categorías para axudar ao usuario para realizar as súas compras en función dos seus gustos e preferencias: Estancias (hoteis), Gastro (hostalería), Moda (tendas de moda e complementos), Mimos (centros de estética, de coidado e adestramento persoal), Cultura (librerías) e Lecer (Museo MEGA-Estrela Galicia). Todos os participantes contan cun bono en formato individual e tamén en formato experiencias cruzadas, packs conxuntos nos que se combinaron diferentes sectores, pensados para os clientes que busquen agasallos diferentes e co selo da nosa cidade.

“O turismo comeza na propia cidade. O mellor turista é o coruñés que amosará a súa cidade ao resto da cidadanía” sinalou Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá que engadiu que "Este é o camiño para poñer o local en valor". Pola súa parte, Diana Sobral concelleira de Comercio, Mercados e Barrios engadiu “Para o Concello é fundamental apoiar este tipo de iniciativas porque os nosos pequenos comercios, bares e restaurantes fan barrio e dannos a vida”.

Lanzada Calatayud, xerenta do Consorcio de Turismo da Coruña finalizou: “A nosa idea é que se sae ben Agasalla Coruña veña para quedarse. Foi un traballo contra o reloxo e non podemos máis que agradecer a todos os que participaron na súa execución e tamén aos 77 establecementos participantes”.

Na presentación tamén se proxectou o vídeo de presentación no que se mostra como unha neta regálalle ao seu avó plans cos que compartir tempo cando sexa posible facelo. Na campaña de comunicación tamén participou o presentador Luís Piedrahita. Esta iniciativa, ademais, é posible grazas á colaboración de HOSPECO (Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña) e a Axencia de Viaxes Orzán.

Iniciativa solidaria

Ademais Agasalla Coruña recadará fondos para institucións sociais da nosa cidade. Todos os usuarios que realicen as súas compras a través de Agasalla Coruña poderán, por 1€ máis, adquirir unha bolsa de tea solidaria con fins benéficos xa que o 100% da recadación das bolsas doarase integramente a organizacións benéfico sociais da cidade.

Arredor de 80 establecementos

Os establecementos e comercios participantes son:
Hotel Attica 21, Hotel Avenida, Hotel Plaza, Noa Boutique Hotel, Double Tree by Hilton, Hotel Meliá María Pita, Hotel NH Collection A Coruña Finisterre, Hotel Carrís Marineda, Hotel AC Coruña y Hotel Ibis Styles.

Pracer, Culuca, Salitre, Peculiar, Pablo Gallego Restaurante, Buenasuegra, O Lagar da Estrela, Restaurante Bido, Restaurante Hünico, Abica, Tavernier, Leviandier&Pablo Pizarro, Nana Pancha, Pandelino, Habaziro, La Parda, La Penela, Pulpeira de Melide, Millo Orzán, Árbore da Veira, Terreo Cocina Casual, Óvera, Taberna 5mares, IngooCo, La Granera, La Urbana, Astoria, Búnker, Milagro, La Cúpula y Bombonería Praliné.

Ana Rancaño, 14 Oz, Paülas, Castro Seis, Ai! Carmiña, La Florería, La Cigüeña Waby, Joyería Obradoiro, Pilar y Carmen, La Casita del Palomar, Luna Lunera, Mimos Moda Infantil, Blush, Castor Pólux, Ópticos Castro y Muñeca de Trapo.

Peluquería Mábaka, Salón Concept Hair, Peluquería Maryl, Niuno, Termaria Casa del Agua, Yves Rocher, Salud y Conocimiento, Fitness Coruña, La Crema Estética, Naw, Pilates Riazor, Centro Pilates, Prana Studio Yoga, Parafarmacias Castro y Droguería Villar.

Librería Nóbel, Librería Santos Ochoa y Mega.

Sobre Agasalla Coruña

Agasalla Coruña é unha iniciativa promovida por Turismo da Coruña nacida en decembro de 2020 que ten como obxectivo dinamizar o comercio, os hoteis e a hostalería local e fomentar as compras nos negocios de proximidade poñendo en valor as pequenas empresas e marcas locais. Agasalla Coruña é para que os coruñeses compartan, recomenden e regalen lecer, cultura, gastronomía, sensacións e experiencias a golpe de clic a través de www.agasallacoruna.com.

Concello da Coruña, 2020-12-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES