
Terán lugar nos meses de setembro e/ou outubro e o calendario de datas correspondente cada un dos niveis será debidamente comunicado tanto a través do DOG, como no Portal da Lingua Galega e nas canles informativas habituais da Consellería de Cultura e Turismo, no que, coma sempre, tamén se publicarán as listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas.
Deste xeito, o prazo para solicitar a participación nos exames oficiais e aboar as taxas correspondentes comeza mañá, 28 de maio, e prolóngase ata o vindeiro 16 de xuño. As persoas que desexen inscribirse deben cubrir o formulario de solicitude habilitado desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
Cómpre indicar na solicitude a proba ou probas ás que se solicita presentarse, así como a localidade, e dirixila á Secretaría Xeral de Política Lingüística preferentemente por vía electrónica. As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% están exentas do pago de taxas e, no caso de necesitaren algún tipo de axuda ou apoio para realizaren a proba, deben especificalo na mesma solicitude.
O sistema Celga
O Celga é o certificado oficial en lingua galega que expide a Xunta de Galicia desde o ano 2007 e que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5. Trátase dun modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa, no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.