
O conselleiro de EconomÃa, Emprego e Industria, Francisco Conde, indicou hoxe que un cento de empresas galegas ofrece material de protección fronte ao coronavirus no Marketplace, plataforma online que se enmarca dentro do Comité de fabricación impulsado pola Xunta para xestionar a oferta e a demanda de subministración de equipamentos. Conde, que mantivo unha videoconferencia cunha das compañÃas participantes, a dezá Arlit, sinalou que as empresas galegas están demostrando a súa “capacidade para reinventarse no contexto actual e para desenvolver novos produtos”.
Conde agradeceu o compromiso das numerosas empresas galegas que están a botar unha man contra o Covid-19, poñendo todos os medios dos que dispoñen ao servizo da saúde pública e da protección dos traballadores e cidadáns. Segundo sinalou, están a constatar que a fórmula da colaboración público-privada amplifica o alcance das medidas adoptadas fronte ao coronavirus, ao tempo que poñen de manifesto a capacidade innovadora da industria galega.
Por outra banda, Conde apuntou que a Administración autonómica realiza hoxe o reparto do segundo envÃo de máscaras a pemes e autónomos para chegar asà aos dous millóns repartidos. Unha actuación que se desenvolve en colaboración con preto de 50 asociacións empresariais, clústers e outras entidades para garantir “que a volta ao traballo se estea desenvolvendo con todas as garantÃas” e “co equipamento de protección que é preciso”.
A Xunta tamén ten en marcha unha nova liña de axudas para pemes e autónomos dotada con 2,5 millóns de euros e destinada a impulsar a reorganización produtiva das empresas galegas para facer fronte á emerxencia sanitaria, con apoios de ata 100.000 euros para facilitar as transformacións necesarias para que leven a cabo a fabricación inmediata de material de protección.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.