Notas de prensa

A Orquestra Sinfónica Vigo 430 adicará o seu próximo concerto a Beethoven e contará cunha invitada excepcional: Rosanne Philippens

A Orquestra Vigo 430 colabora habitualmente con grandes solistas de talla internacional, e a cita do próximo domingo día 16 é unha das datas destacadas da tempada 19/20. Celébrase o cuarto concerto da mesma, e estará íntegramente adicado á figura de Beethoven. Toda Europa está inmersa na celebración do 250 aniversario do nacemento do compositor de Bonn. A OV430, para celebrar unha cita tan especial, quedou coa mellor das opcións.

Contarán cunha invitada de luxo, a violinista holandesa Rosanne Philippens, que co seu violín Stradivarius Barriere ofrecerá a súa deslumbrante versión do "Concerto para Violín".

Dirixirá ademáis, dende o posto de violín principal, a Sinfonía Nº2 de Beethoven. Rosanne Philippens é unha comunicadora extraordinaria, cunha musicalidade innata e un enfoque contaxiosamente alegre, pero moi sincero tamén á hora de facer música.
Altamente solicitada nos Países Baixos, actúa regularmente nas principales salas e festivais como solista e músico de cámara.

Tamén é unha gran directora, debutou recentemente coa Orquesta Nacional de Lyon ao frente da mesma, nunha exitosa actuación de “As Estacións” de Vivaldi y Piazzolla, pola que recibiu marabillosas críticas. A forma de tocar de Rosanne Philippens é refinada, exuberante e profunda, e foi descrita polo periódico holandés De Telegraaf como "enérxica, sensible e impecable”.

Destacan as súas recentes aparicións coa Filarmónica de Rotterdam en De Doelen, Radio Filarmónica dos Países Baixos no prestixioso Ciclo Zaterdag Matinee e coa Residentie Orkest tanto en La Haya como no Concertgebouw Hall, Amsterdam. Noutros lugares, Philippens tocou coa Sinfónica de Barcelona, a Orquesta del Ulster, a Sinfónica de Vancouver, a Sinfónica de Winnipeg e con orquestas de Alemania, Finlandia e Suiza, con directores coma Yannick NézetSéguin, Lawrence Foster, Otto Tausk, Jan-Willem de Vriend, Antony Hermus e Nicholas Collon.

En canto a recitáis e música de cámara, Rosanne Philippens toca regularmente con artistas como István Vardai, Vilde Frang, Julien Quentin, Vikingúr Olafsson, Amihai Grosz, Camille Thomas e Zoltán Fejérvári en festivais e salas de toda Europa. Cree firmemente en romper as barreiras da música clásica e dirixe o seu propio ciclo de concertos, "The Amsterdam Salon Pop-Up", presentando concertos de alta calidade en lugares cuidadosamente escollidos e inusuáis, nun ambiente íntimo de salón.

Rosanne graba exclusivamente para Channel Classics. O seu último CD “Insight” representa a culminación dunha viaxe moi especial e persoal para ela; A elección das obras de Bach, Enescu e Biber, e a orde na que foron grabadas, inspiráronse directamente nos comentarios recopilados polos membros da audiencia durante unha xira europea en solitario.

Rosanne toca habitualmente cun Stradivarius de 1727 Barriere, gracias ao xeneroso apoio da Fundación Elise Mathilde.

O concerto terá lugar o 16 de febreiro ás 19:00 h. no Auditorio Martín Códax. Pese ao excepcional do mesmo, e buscando o acercamento do público á música que desenrrolan, dende a Orquestra Vigo 430 establecéronse, unha vez máis, uns precios asequibles para unha cita imperdible.

Orquestra Vigo 430, 2020-02-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (6coreografas-2026.jpg) A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
Foto de la tercera plana (litoral-pobo.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.

Notas

Xerardo Quintiá gaña, co poemario Os cantos a Minha Senhor de Donsinda Christensen e baixo o lema «Cantos a Minha Senhor», a XXIV edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 46 obras inéditas. A resolución do xurado, presidido por Luís González Tosar, con Inés Mosquera Calvo como secretaria e vogal, e integrado por César Lorenzo Gil, Teresa Seara e Ismael Ramos Castelo, tivo lugar en Santiago.
As escavacións levadas a cabo este verán na Cova de Eirós, no lugar de Cancelo do concello lucense de Triacastela, e en Monte Penedo permitiron ampliar os períodos de ocupación humana das cavidades á vez que certificar que foron usadas como lugares de enterramento. Concretamente, a escavación do nivel 5 en Cova Eirós confirma a existencia na cova de ocupacións neandertais mais antigas e a realizada en Gruta dos Bloques descubriu a existencia dun enterramento infantil datado na Idade do Bronce.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES