Notas de prensa

Máis de medio cento de obras optan á nova edición do Premio Torrente Ballester en galego

Un total de 56 obras son as presentadas á nova edición do Premio Torrente Ballester en galego da Deputación da Coruña que se fallará no próximo outono. O premio, dotado con 25.000 € e a publicación da obra, recaeu na pasada edición na novela titulada "900", de Xabier López, que vén de chegar ás librarías. A novela gañadora do XXX Premio Torrente Ballester de narrativa en galego, editada nesta edición por Galaxia, chega co número de páxinas que anunciaba no seu título: "900".

A novela de Xabier López publícase despois de se pechar o prazo de admisión da nova convocatoria do certame ao que finalmente se presentaron 56 obras en lingua galega.

A obra de Xabier López fora definida polo xurado do premio da Deputación da Coruña como unha "gran novela río dunha saga familiar narrada con intelixencia, ironía e mesmo humor" ademais de "novela sagaz, cervantina que percorre a historia de Galiza e Europa desde o século XIX até mediados até a posguerra de mediados do pasado século".

Xabier López gañou o Premio Torrente Ballester en galego na terceira edición en que se de forma independente a modalidade para obras en galego e en castelán. Nas anteriores edicións Eli Ríos con Luns (Xerais) e Antonio Piñeiro con A través do fume (Galaxia) fixéranse co galardón mellor dotado economicamente da literatura galega cun premio de 25.000 € máis o compromiso da publicación.

O escritor Xabier López naceu en Bergondo (1974) e reside no concello de Betanzos. Licenciado en Dereito, o autor conta cunha ampla e recoñecida traxectoria literaria centrada de maneira especial na novela aínda que tamén visitou o relato e o conto infantil.

Case vinte títulos compoñen a súa bibliografía que se inicia en 1997 coa obra Biff, Bang, pow! (novela case negra). Títulos como Doutor Deus, O caderno, O mono no espello, A estraña estrela, A vida que nos mata, Trinta e dous dentes, Os libros prestados, Cadeas, Olympia Rin,g O home que sabía voar, Os tres desexos ou O segredo da vella librería son algunha das obras da súa traxectoria literaria.

O Torrente Ballester da Deputación da Coruña, do que o autor fora xa finalista en 2007, súmase á ampla relación de premios recibidos por Xabier López entre os que se atopan o Risco de Literatura Fantástica, o Manuel Lueiro Rey de novela curta, o García Barros, o Premio Xerais de Novela, o Frei Martín Sarmiento, ou o Fervenzas Literarias.

O xurado estivo composto por nomes recoñecidos do ámbito literario galego como Marica Campo, Ana Luna, Carlos Negro, Suso de Toro e Antonio Piñeiro, gañador da anterior edición do premio coa súa obra "A través do fume", ademais de Goretti Sanmartín Rei e Mercedes Fernández Albalat como presidenta e secretaria do xurado en representación da Deputación da Coruña.

Deputación da Coruña, 2019-08-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES